ALUMNOS DO CPI DOMINGO FONTÁN DE PORTAS DISPUTARÁN A FINAL DO “TORNEO DE XADREZ ESCOLAR NACIONAL POR EQUIPOS TIC-TAC CHESS” EN MADRID

Alumnos do CPI Domingo Fontán de Portas disputarán a final do “Torneo de Xadrez Escolar Nacional por Equipos Tic-Tac Chess” que terá lugar no mes de setembro na localidade madrileña de Alcalá de Henares, despois de impoñerse nun campionato autonómico celebrado no centro comercial Vialia de Vigo.

O alcalde do Concello de Portas, Ricardo Martínez, felicitou aos seis compoñentes do equipo que representará a Galicia nesta finalisima en Madrid e salientou o traballo que realiza o Club de Xadrez da Cultural Deportiva Portas, entidade á que pertencen estes campións galegos.

O equipo formado por Yeray, Lucas, Adán, Brais, Yoel e Manuel impúxose en Vigo ao CEIP García Barbón e a outros dous conxuntos denominados equipos Masterchess A y B que combinaban xogadores de varios colexios de Galicia.

Esta importante xesta prodúcese precisamente no transcurso da celebración do 50º Aniversario da creación do CPI Domingo Fontán en Portas onde a práctica do xadrez forma parte da idiosincrasia do centro e protagonizou cun torneo parte dos actos conmemorativos deste centro escolar coa disputa dun campionato de xadrez.

BÚSQUEDA DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA ACUDIR Á FINAL

Por outra banda, ademais da ilusión de poder representar a Galicia, á provincia de Pontevedra, a Portas e ao CPI Domingo Fontán nunha final de trascendencia tan importante como esta a nivel nacional, as seis familias dos integrantes do equipo de xadrecistas están agora disfrutando da ilusión por acadar este éxito, pero tamén comeza un periodo de búsqueda de recursos económicos para facilitar o traslado e a estancia dos participantes e as súas familias na final que se disputará en Alcalá de Henares (Madrid).

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR SER BENEFICIARIO DUNHA PRAZA NAS VIAXES PROGRAMADAS POLO IMSERSO DENTRO DAS INICIATIVAS DE TURISMO SOCIAL

Abrése o prazo para novas solicitudes de Turismo Social tempada 2022-23 do IMSERSO, dende o 17 de Xuño ata 19 de Xullo de 2022. Ante calquera dúbida ou para maior información, pódense dirixir aos Departamento de Servizos Sociais do Concello de Portas onde recibirán o asesoramento requerido.

Mais información nos enlaces:

https://www.imserso.es/imserso_01/index.htm
https://www.imserso.es/…/vac…/como_acreditarse/index.htm

A FUNDACIÓN ELISA ABALO, O CONCELLO E A UNED POÑEN EN MARCHA A HORTA DOS NENOS, UN PROGRAMA DE FORMACIÓN CONTINUA EN AGRICULTURA ECOLÓXICA BIOINTENSIVA PARA A INFANCIA

A Fundación Elisa Abalo, o Concello e a Aula Universitaria da UNED de Pontevedra en Portas e A Milpa do Salnés porán en marcha o “Horto dos nenos”, unha iniciativa que se desenvolverá desde o vindeiro 22 de xullo e durante todo o ano sobre formación continua en agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.

Esta iniciativa formativa contará como ponentes con Ofelia Gaitán Palacios, licenciada en Ecoloxía e Recursos Naturais, e Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro Agrónomo e Mestre do método Biointensivo. A formación cubrirá todo o ciclo da agricultura a pequena escala, ó longo das 4 estacións do ano prantéxanse xornadas semanais cunha duración de 1 hora e 30 minutos con cada grupo con horarios que se adaptarán as características do grupo e ó momento do ano.

UNHA LEIRA CEDIDA POLO CONCELLO PARA FACER PRÁCTICAS

O Concello de Portas colabora de xeito moi activo nesta iniciativa formativa continuada para a infancia coa cesión dunha leira situada á beira da antiga estación de ferrocarril co fin de que, unha vez que reciba un tratamento inicial axeitado, forme parte do “laboratorio” sobre a que se aplicarán as técnicas aprendidas durante o curso de agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.

Mediante un programa formativo completo para todo o ano os nenos e nenas traballan experimentando os ciclos que se desenvolven na horta a través da metodoloxía de cultivo biointensivo (preparación profunda do solo, uso de composta, cultivos de carbono, asociación e rotación de cultivos, sementeira cercana, cultivos de calorías, uso de sementes de polinización aberta e integralidade) aproveitando os diferentes ciclos de cada cultivo.

O custe da actividade  é de 50 euros en concepto de matrícula e 40 euros mensuais e terá como obxectivos aprender unha agricultura respetuosa cos ciclos dos cultivos de aproveitamento alimentario; coidar coidar a terra dun xeito sostible, enriquecéndoa; coñecer os ciclos dos cultivos que se desenvolven durante o ano e sensibilizarse coa necesidade dunha alimentación saudable.

Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desarrollo Sostible relacionados coa educación de calidade, a redución das desigualdades, produción e consumo responsables, acción polo clima e vida de ecosistemas terrestres.

O CONCELLO DE PORTAS SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ATENCIÓN TEMPERÁ QUE SE CELEBRA O 16 DE XUÑO

O Concello de Portas súmase ás distintas actividades que de xeito oficial se están desenvolvendo para conmemorar o Día Internacional da Atención Temperá, que se celebra o 16 de xuño.

Pero, que é a Atención Temperá?
A atención temperá é un conxunto de intervencións, técnicas e ferramentas dirixidas a persoas de entre 0 e 6 anos que permiten responder, de forma temperá, a calquera necesidade transitoria ou permanente de nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento. Noutras palabras, podemos dicir que permiten anticiparnos ao tratamento de calquera trastorno evolutivo, así como anticiparnos a que ocorra este trastorno en persoas predispostas a padecelo.

Estas técnicas son esenciais en numerosos campos do coñecemento, como na Educación, na Psicoloxía ou no Traballo Social. Grazas a elas, moitos nenos e nenas poden levar unha vida normal, aínda padecendo determinados trastornos que, hai uns anos, non lles permitirían ter unha vida normal. Por iso, é fundamental na vida de moitos nenos e nenas e dos seus familiares.

Publicado o listado de nenos e nenas admitidos na programación de actividades do verán 2022 agrupadas baixo o título “CAMIÑANDO XUNTO@S”

O Concello de Portas acaba de publicar o listado de nenos e nenas inscritos nas actividades de verán 2022 baixo o título “CAMIÑANDO XUNTO@S”. Teñen preferencia de inscrición os rapaces e rapazas que estean empadroados no concello de Portas.

Nestas actividades participarán os nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 14 anos. O número máximo de prazas é de 55 no mes de xullo e 30 en agosto.

O prezo por participante e mes será de 50 euros (no caso de dous irmáns, 80 euros) e 35 euros a quincena. Os non empadroados terán que abonar 70 euros/mes (dous irmáns 112 euros) e 45 euros a quincena. Aplicarase un desconto do 40% para as familias numerosas.

CONSULTA AQUÍ O LISTADO DE INSCRITOS:

O CONCELLO DE PORTAS EDITA UN BANDO ONDE SE RECOLLEN AS INSTRUCIÓNS PARA PODER SOLICITAR A AUTORIZACIÓN PARA FACER AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN

O Concello de Portas acaba de editar un Bando que rexirá as solicitudes dos permisos para realizar as fogueiras de San Xoán os días 23 e 24 de xuño.

Aqueles veciños que queiran facer unha fogueira deberán solicitar unha autorización no Consistorio antes do mércores 22 de xuño debendo achegar unha copia do DNI, así como indicar a referencia catastral da finca onde se vai proceder a celebrar a Fogueira de San Xoán.

Tamén poderá presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Portas:

https://portas.sedeelectronica.gal

É imprescindible que se cumpran as medidas medioambientais e de prevención establecidas.

A FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE ENSINO DE NOVAS TECNOLOXÍA PARA MAIORES DE 65 ANOS

A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Portas, organiza o programa Mellor Acompañados a través do cal pon en marcha un curso GRATUITO de tres días onde se pretende que as persoas maiores se desenvolvan nas novas tecnoloxías para poder acceder as xestións dixitais tan necesarias na actualidade. 

  • – Maiores de 65 anos.
  • – Días 28-29-30 de Xuño.
  • – Horario: 09:30- 13:00.
  • – Lugar: Casa de Cultura do Concello de Portas.
  • – Prazas: máximo 15 prazas (é necesario xuntar un grupo de 10 persoas para levar a cabo o curso). 
  • – Prazo de inscrición: ata o 22 de xuño.

Para máis información no teléfono 662 620 397 (EDUCADORA FAMILIAR). 

O CONCELLO DE PORTAS ORGANIZA DÚAS SESIÓNS DE ORIENTACIÓN LABORAL DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO CO ALUMNADO DO C.P.I DOMINGO FONTÁN

Ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, o Concello de Portas organiza dúas sesións de orientación laboral desde unha perspectiva de xénero co alumnado de 3º e 4º da ESO no Colexio C.P.I. Domingo Fontán, coa finalidade de traballar a prevención e a loita contra a discriminación nun futuro laboral, facendo especial fincapé no conxunto de factores e barreiras laborais e sociais que encontran as mulleres á hora de acceder a ocupacións masculinizadas.