NOVAS MEDIDAS FRONTE Á COVID-19 QUE ENTRARÁN EN VIGOR ESTE VENRES E QUE AFECTAN AO CONCELLO DE PORTAS. REVISARANSE ANTES DE SEMANA SANTA.
O toque de queda segue vixente ás 22:00 horas.
Hostalaría: Amplíase a capacidade interior a 50% e terrazas a 75%. Peche ás 21:00 horas.
Reunións de ata 6 persoas NON CONVIVINTES no exterior e 4 NON CONVIVINTES en interiores.
EN DOMICILIOS PROHIBIDAS AS XUNTANZAS ENTRE NON CONVIVINTES.
MOBILIDADE: Liberdade de movemento entre tódolos concellos excepto os que se atopan no nivel de máxima restrición.·
Estas medidas entran en vigor ás 00:00 do venres 19 de marzo.
As medidas anunciadas hoxe serán revisadas o 29 ou 30 de marzo, antes dos festivos de Semana Santa. ·