Portas, aberto ao mundo...
O Concello de Portas avanza sen esquecer os seus costumes e as súas tradicións, pero afrontando os retos de futuro e adaptándose aos novos tempos. A través desta páxina web ampliamos as canles de comunicación coa veciñanza e tamén afondamos na nosa vontade irrenunciable de achegar a administración ao cidadá con políticas de transparencia.
Ao mesmo tempo, esta nova web servirá de escaparate turístico, económico, cultural e social para que aquelas persoas que se acheguen ao noso espazo teñan unha pequena idea das amplias posibilidades que o noso municipio ten para coñecer, desfrutar e compartir.
Abrimos un novo periodo marcado pola superación colectiva das dificultades derivadas da pandemia que azota por completo ao noso planeta e da que temos que saír todos xuntos adiante coa convicción de que unidos é como somos máis fortes.
Portas, un concello aberto ao mundo das telecomunicacións, da internet e tamén das ideas e o emprendemento, espírito do que nos imbúe o Camiño de Santiago do que formamos parte activa desde tempos pretéritos.