A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o reparto de algo máis de 50.000 euros entre 23 concellos da provincia ao abeiro do programa O teu espazo xuvenil. Esta iniciativa, destinada a concellos de menos de 20.000 habitantes, tiña por obxectivo financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade. Dentro desta liña de axudas, concedeulle ao Concello de Portas 2.160 euros que serán investidos na adquisición de altofalantes e micrófonos.
Desta maneira, tal e como avanzou o presidente da Deputación, Luís López, os concellos recibirán axudas que oscilan entre os 1.500 e os máis de 4.000 euros que servirán para financiar ata o 80% do orzamento dos seus respectivos proxectos que mobilizarán, en total, máis de 70.000 euros. Con estes recursos provinciais, os concellos poderán adquirir equipamentos e outros materiais inventariables para mellorar as dotacións do espazos xuvenís municipais.