Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa de Galicia

María de la Concepción Pérez Iglesias, nada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1881 e finada en Lantaño en decembro de 1939, foi unha mestra e política galega considera a primeira muller en ocupar o cargo de alcaldesa en Galicia e unha das primeiras de España, ocupando a Alcaldía de Portas entre os anos 1925 e 1930.

No conxunto do Estado só a superou, por apenas dous meses e medio de diferenza, a alacantina Matilde Pérez Mollá (alcaldesa de Quatretondeta desde 1924 até 1930).

Concepción Pérez, ‘Dona Concha’ para a veciñanza de Portas, naceu en Compostela en 1881 e cursou os seus estudos na Escola Normal Superior de Mestres da Universidade de Santiago de Compostela e con 26 anos foi destinada a Portas para exercer como mestra na escola feminina do municipio, onde permaneceu ata o seu pasamento en 1939.

O 9 de xaneiro de 1925 foi designada concelleira polo Gobernador civil, mais na mesma sesión plenaria o daquela alcalde, Cesáreo Belsol, presentou a súa renuncia. A corporación elixiu entón Concha Pérez como nova rexedora de Portas, con seis votos a favor e un en branco.

Concepción Pérez impulsou durante o seu mandato a construción de obras públicas e catro edificios escolares.

Concepción Pérez Iglesias nacera nº 13 da Rúa Nova de Santiago de Compostela no seu dunha familia de cinco irmáns: Filomena “Monxa da Sagrada Familia de Burdeos”, Gumersinda “afamada modista en Compostela”, Adolfo “Fraile Franciscano”, Luísa, “que ingresou no convento da Merced co nome de Concepción en honor á súa irmá”, e José “Empregado de Fenosa”.

Dna. Concha inclínase polos estudios de pedagoxía e ós 20 anos obtén o título de mestra que lle habilitaría para exercer a carreira docente. Polo ano 1907 é destinada á escola nacional de nenas do Concello de Portas para desempeñar o difícil cargo encomendado polo Ministerio, tendo que abandonar Santiago e a súa familia.

Era Dna. Concepción de constitución recia, tirando a baixa estatura, de carácter serio, mirada penetrante e doce como para obter o respecto e o cariño de cantos lle rodeaban, traballadora e honrada en canto ó cumprimento do seu labor docente, non regateaba en esforzos para manter o número de cincuenta alumnos por aula, a fotografía con algunha das súas alumnas na súa plena xuventude o confirman.

No ano 1908 contrae matrimonio co veciño da parroquia caldense de Godos, D. Amador Méndez Santamaría, fixando a súa residencia definitiva en Lantaño. Desta unión nace o seu fillo único D. Nemesio Méndez Pérez quén seguirá os pasos profesionais da súa nai, pois estudiou a carreira de Maxisterio e foi alcalde do Concello de Portas durante o período comprendido entre os anos 1952 ó 1960.

Levaba Dna. Concha, “nome cariñoso co que se coñecía”, 18 anos exercendo o seu labor docente cando se lle propón para desempeñar o cargo como edil do Concello, que acepta consciente da responsabilidade á que se ía enfrontar.

Ten lugar este magno acontecemento na vida política de dona Concha o día 9 de xaneiro de 1925. Este nomeamento é celebrado por toda a veciñanza. As bandas de música de Lantaño festéxano con sendas serenatas: primeiro a Banda de Poza, o día 26 e ó día seguinte faino a Banda Popular de Lantaño dirixida polo gran músico e director D. Hermógenes Vila Buceta, pola labor cultural desenrolada como mestra do municipio, pois como alcaldesa non tivo ocasión de demostralo.

O primeiro problema a que se ha de enfrontar a Alcaldesa é o nomeamento de médico titular, a apertura dos camiños de Portas a Vilavedra de Romai e do camiño que conduce de Briallos a Portas.

Coincide o período de Alcaldesa de Dna. Concha co momento histórico coñecido como a “Dictadura do Xeneral Primo de Rivera” momento de decadencia do reinado de Alfonso XIII.

O 28 de xaneiro de 1930 o Rei retoma as rendas do goberno tambaleante da Nación apoiado polo Xeneral Berenguer poñendo fin ó golpe de estado dado por Primo de Rivera o 13 de setembro de 1923 con consentimento do Rei.

Coa volta ó goberno do Rei, os concellos de España réndenlle unha fervorosa homenaxe a Alfonso XIII e a reina Dna. Mª Victoria, o Concello de Portas non dubida en sumarse ó acto e a Alcaldesa acompañada da súa irmá Gumersinda, con tan solo 250 pesetas e a súa placa que a acredita como mestra nacional, diríxense á capital de España para presentar os seus respectos ós Reis.

Esta viaxe ten lugar o 23 de xaneiro de 1930 coa volta do Rei ó poder. Con tal motivo, os Concellos han de ser reestructurados e cesado o persoal que se atopa ó servicio dos mesmos.

Tralo seu cese como alcaldesa, Dna. Concepción seguirá formando novas xeracións, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe en Santiago onde exercerá ata os últimos anos da súa vida profesional.

Ós 58 años, afectada dunha vellez prematura, falece na súa casa de Lantaño, no lugar de San Bieito, parroquia de Lantaño.

O seu enterro tivo lugar o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño lugar onde descansa.

Galería