“ENKI NO CAMIÑO”, UN PROXECTO DEPORTIVO E SOCIAL DO XACOBEO, ESTARÁ NA AZUCREIRA DE PORTAS O VINDEIRO LUNS A PARTIR DAS 17 HORAS

O proxecto deportivo e social de dinamización do Xacobeo 2022, “ENKI NO CAMIÑO 2022” estará na Azucreira de Portas este luns día 5 de setembro a partir das 17 horas.

“ENKI no Camiño” xuntará a persoas con e sen diversidade funcional para superar en bicicleta varias etapas do Camiño Portugués pola Costa.

Facer o Camiño de Santiago é unha oportunidade para vencer medos e obstáculos, para compartir experiencias e para coñecer xente. “ENKI no Camiño” pretende facer visible e sensibilizar sobre o deporte adaptado e a diversidade funcional.

O teu Xacobeo

“ENKI no Camiño” é un proxecto deportivo e social de dinamización do Xacobeo 2022 subvencionado pola Xunta de Galicia co programa “O teu Xacobeo”.

CLAUSURADAS CON ÉXITO AS ACTIVIDADES DE VERÁN “CAMIÑANDO XUNT@S 2022” POSTO EN MARCHA POLO CONCELLO DE PORTAS

As concelleiras María Jesús Fontán e Ana Pena fixeron entrega dos diplomas de participación aos asistentes ás actividades de verán “Camiñando Xunt@s 2022” postas en marcha polo Concello de Portas e que se desenvolveron durante os meses de xullo e agosto para facilitar tamén a vida laboral e familiar.

Os participantes despediron este ciclo de actividades por todo o grande cunha gran festa e diversos xogos onde o pasaron estupendamente.

Deste xeito e durante todo o verán os cativos que se inscribiron na presente edición de “Camiñando Xunt@s 2022” poideron gozar de actividades lúdicas e formativas que non so lles axudaron a pasar unhas xornadas entretidas senón socializando cos demais compañeiros e aprendendo mentras se divertían.

O PROGRAM DA XUNTA “COIDADOS PORTA A PORTA” PARA MAIORES DE 55 ANOS CHEGA AO NOSO CONCELLO OS DÍAS 9, 10 E 11 DE AGOSTO

O programa ‘”Coidados Porta a Porta” impulsado pola Xunta de Galicia chega ao concello de Portas os días 9, 10 e 11 de agosto e situaráse no Pavillón Municipal de Deportes de Portas co fin de ofrecer servizos gratuítos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores de 55 anos.

SERVIZOS QUE OFERTAN:

PODOLOXÍA: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

AUDIOLOXÍA: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

ESTIMULACIÓN DA MEMORIA: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

Para acceder a estes servizos, individual ou a todos, deberá reservar cita previa utilizando os seguintes teléfonos:

INFORMACIÓN E CITA PREVIA:

☎️ 622 748 283

☎️ 623 546 992

📬 coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

OS NENOS E NENAS DA LUDOTECA DE VERÁN MANTIVERON UN CONTRO CON MEMBROS DA GARDA CIVIL E DA POLICÍA LOCAL SOBRE SEGURIDADE VIARIA

O pasado martes, 26 de xullo, no CPI Domingo Fontán de Portas, os participantes da Ludoteca de Verán recibiron a visita da Garda Civil cunha pequena exhibición de medios: Acudiron membros de Seguridad Cidadá, o Seprona, equipo EBIO, dous xinetes do Grupo de Cabaleiría e a Policía Local de Caldas de Reis que lles instruíu nunha actividade de seguridade viaria.

Desde o Concello de Portas agradecemos a colaboración da Garda Civil e Policía Local de Caldas de Reis pola gran actividade que foi un éxito entre os cativos/as.

EQUIPOS DE BARRO, CALDAS, CUNTIS, MEIS, MORAÑA E PORTAS DISPUTARÁN O II TORNEO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL OS DÍAS 29, 30 E 31 DE XULLO

O Campión e subcampión do torneo interparroquial de Portas, Romai e Lantaño, xogarán o II Torneo Intermunicipal en Caldas o próximo día 29, 30 e 31 xunto a equipos de Barro, Caldas, Cuntis, Meis e Moraña.

Este torneo, que está organizado polo Barro C.F e coorganizado polo Caldas C.F. conta coa colaboración do Concello de Portas e pretende favorecer a práctica deste deporte e fomentar a interrelación entre a veciñanza destes seis concellos da contorna.

O ALCALDE DE PORTAS E O DIRECTOR DA UNED EN PONTEVEDRA CLAUSURAN O VI CAMPUS “INGLÉS NA MIÑA CONTORNA” NO QUE PARTICIPARON 30 NENOS E NENAS

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, o tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Víctor M. González, clausuraron oficialmente o VI Campus “Inglés na miña contorna” realizada no municipio de Portas e no que participaron un total de 30 nenos e nenas da zona que recibiron todos e cada un deles un diploma acreditativo da súa asistencia a esta iniciativa lúdico formativa.

Esta iniciativa, que chega xa á súa sexta edición permitiu que 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e 15 anos se mergullaran durante uns días nun campamento urbano bilingüe a través do cal aprenderon a relacionarse utilizando como lingua vehicular o inglés.

OS NENOS E NENAS DA LUDOTECA MUNICIPAL GOZAN DAS ACTIVIDADES DE VERÁN DIRXIDAS POLOS MONITORES DE TEMPO DE LECER

Durante esta semana os participantes na Ludoteca Municipal de verán seguiron gozando de diversas actividades entre as que destacan varias relacionadas coa concienciación ambiental, plogging na Azucreira de Portas e Vía Verde…

En cantos ás actividades de concienciación sobre reciclaxe, reutilizar e reducir, os nenos e nenas elaboraron cubos de reciclaxe propios para o CPI Domingo Fontán, a Azucreira e a Praia Fluvial; ademais de facer niños para paxaros…

Tamén aprenderon a xongar ao hóckei, deporte que tivo moito éxito entre a rapazada. Ademais frescáronse coa festa da escuma despois dunha actividade cos membros do CLUB ACUÁTICO UMIA de Caldas de Reis, onde lles ensinaron varias probas de modalidade de praia e xogaron todos/as a bandeiras e substitucións de sprint.

Para rematar a semana fóronse de excursión ao Grove, onde visitaron o centro de interpretación da Península do Siradella e divertíronse no parque dos Grobit.

Para a semana continuarán divertíndose con moitas máis actividades lúdico-formativas.

O CONCELLO DE PORTAS ORGANIZA O 5º CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL QUE SE DISPUTARÁ O LUNS 25 DE XULLO, DÍA DE GALICIA, EN RAPEIRA

O Concello organiza e patrocina o Vº Campionato Interparoquial de Fútbol que se disputará o LUNS 25 DE XULLO no campo de fútbol municipal da Rapeira e no que participarán equipos de Portas, Lantaño, Briallos e Romai.

Os partidos comezarán ás 18 horas e os primeiros enfrontamentos que determinarán a fase final emparellarán a Portas fronte ao Lantaño (ás 18 horas) e a Briallos co Romai (ás 19 horas). A disputa polo 3º e 4º posto será ás 20 horas mentras que a gran final xogarase ás 20:30 horas. A entrega de trofeos será ás 21:30 horas.

Esta actividade promovida polo Concello de Portas, e que está prevista para o Día de Galicia, pretende irmandar ás parroquias que conforman o concello de Portas a través da práctica deportiva do fútbol como elemento aglutinador e vertebrador da boa veciñanza.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE O PRAZO PARA UNHA SEGUNDA CONVOCATORIA DO PROGRAMA “DEPOTERMAL 2022”

A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de facer pública unha segunda convocatoria do programa “Depotermal 2022”, para a cal está aberto o prazo de inscrición. Para ser beneficiario deben cumprir os requisitos:

  • Non ter adxudicada ningunha praza na primeira convocatoria.
  • Ter nacido antes do 1 de xaneiro de 1972.
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente).
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 0/0, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía, para desfrutar das instalacións dos Balnearios.
  • As parellas que desexen participar deberán cumpnr os mesmos requisitos.

A VECIÑANZA DE ROMAI DISFRUTOU DO ESPECTÁCULO “ABRACADAVER” DE AS SIRCÓPATAS, A TRAVÉS DO PROGRAMA “CULTURA NO CAMIÑO 2022”

A veciñanza de Romai disfrutou o domingo 17 de xullo do espectáculo “ABRACADAVER” de As Sircópatas (a través do Programa “Cultura no Camiño 2022” da Xunta de Galicia e AGADIC). Este espectáculo poderíase definir como unha cura colectiva para perder o medo, grazas á interpetación de Rogelio e o seu espectáculo circense que reúne sobre o escenario malabares, faquirismo, acordeón e unha chea de sorpresas que encandilan e atraen a atención do público presente.