UN DÍA HISTÓRICO PARA PORTAS COA APROBACIÓN DO SEU PRIMEIRO PLAN XERAL


Despois de 12 anos de traballo intenso o alcalde Ricardo Martínez agradeceu o esforzo dos anteriores rexidores, Roberto Vázquez e Víctor Estévez, como iniciadores deste proceso que remata agora co seu impulso definitivo no seu primeiro mandato como presidente da Corporación Municipal de Portas.

Este Plan Xeral, que contou no acto de sinatura coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, suporá un paso de xigante para que Portas poida fixar poboación e deseñar o seu crecemento futuro dun xeito responsable, sostible e equilibrado.

A ordenación urbanística das parroquias de Briallos, Portas, Lantaño e Romai estará marcada por este PXOM no que destacan:

-Máis de 45.000 m2 para espazos libres e zonas verdes e os máis de 100.000 m2 para equipamentos comunitarios.

-61 núcleos delimitados de 65.

-1.352 vivendas existentes.

-Capacidade máxima do solo urbano consolidado: 84 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo urbano non consolidado: 22 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo de núcleo rural tradicional: 415 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo de núcleo rural común: 902 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo urbanizable residencial: 100 novas vivendas.

-Capacidade máxima residencial do PXOM: 703 novas vivendas.

PORTAS AVANZA DE FORMA SOSTIBLE E ORDENADA CARA AO SEU FUTURO.

AS ESCOLAS DE FÚTBOL BASE DO PORTAS E DO ROMAI ESTREARÁN O NOVO TAPIZ DE HERBA SINTÉTICA DO CAMPO MUNICIPAL DA RAPEIRA

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, supervisou esta mañá o remate das obras de substitución da herba sintética do campo de fútbol municipal da Rapeira que permitirán aos equipos do municipio de dispoñer dunhas instalacións deportivas de última xeración. Os primeiros en estrear o novo tapiz serán os nenos e nenas pertencentes ás categorías inferiores das escolas de fútbol do Portas e do Romai que estes días realizarán os seus adestramentos neste novo terreo de xogo.

A obra, que conta co financiamento do Plan Concellos da Deputación, saiu a licitación cun orzamento de partida de 170.146,82 euros e foi adxudicada cun aforro de 13.526,67 euros á empresa Obras y Pavimentos Especiales, S.A. ao resultar a oferta que obtivo a mellor puntuación por ser a máis vantaxosa.

Martínez amosou a súa satisfacción porque estean xa rematadas estas obras e manifestou que “deste xeito teremos o campo listo para a práctica deportiva no caso de que as novas condicións sanitarias permitan o seu uso en toda a súa plenitude y si se recuperan as competicións ligueras nas distintas categorías, agora interrumpidas polas restriccións impostas polas autoridades sanitarias na loita contra a pandemia da Covid-19”.

O alcalde sinalou tamén que “deste xeito o Goberno local cumpre así co compromiso de renovar estas instalacións deportivas que tiñan xa completamente esgotada a súa vida útil despois de tanto tempo de intensa actividade. Seguiremos pola senda de facer realidade todos e cada un dos compromisos que fumos asumindo ante a veciñanza e, pese ás dificultades do periodo polo que estamos a pasar, seguro que cumpriremos con todo o mundo”, asegurou Ricardo Martínez.

Este novo tapiz instalado no campo de fútbol, que conta co selo de calidade  FIFA e da Federación Internacional de Hockey, terá unha maior duración ao estar fabricado cos criterios da terceira xeración de céspede artificial, baseada na utilización de fibras de  monofilamento de polietileno, sección diamante, resistente ao raios U.V. e cun espesor de 410 micras.

A base primaria botouse dobre con 100% de PP Thioba, cor negra, estabilizado á acción de raios U.V. e de peso aproximado de 252 gramos por metro cadrado. Pola súa banda, a base secundaria levou un composto de látex con base de estireno-butadieno (SBR) con orificios de drenaxe. Este novo material implica moita menos abrasión que o  polipropileno que se utilizaba ata o de agora.

As obras consistiron no tratamento previo do terreo e a colocación dos 6.968 metros cadrados (104×67 metros) da nova alfombra, previa aplicación de area de  sílice e, finalmente, a repartición de caucho no céspede.

Portas homenaxea á figura de Domingo Fontán cunha ofrenda floral diante do seu monumento

A Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán celebrou cunha ofrenda floral no monumento do insigne xeógrafo e matemático de Portas para lembrar o 233º Aniversario do seu nacemento no que participou a presidenta da entidade, Concha Méndez Domínguez, e o alcalde Ricardo Martínez, o tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, a concelleira Ana María Peña e o ex rexedor Víctor Estévez.

Os participantes nesta homenaxe comezaron o acto cunha concentración no Museo Domingo Fontán e, en comitiva, acompañada polo grupo de gaitas de nome homónimo, foron avanzando ata chegar aos xardíns da Praza de Domingo Fontán onde está ubicada unha estatua na honra deste destacado veciño da Ilustración española.

No momento en que chegou a comitiva uníuselles a ela a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez Domínguez, quen acompañou ao alcalde, Ricardo Martínez, na realización da ofrenda floral diante do recordo pétreo en memoria do insigne matemático galego do século XIX.

Unha vez alí, o grupo de gaitas Domingo Fontán, de Portas, interpretou o himno galego que foi seguido con solemnidade polos presentes nun acto emotivo e sinxelo marcado polas restricións obrigadas pola pandemia da Covid-19. Así, os asistentes gardaron o distanciamento social e ían todos provistos de máscaras.

Ao rematar o acto o alcalde, Ricardo Martínez, departeu con varios membros da asociación presentes no acto e ensalzou a figura de Domingo Fontán como a máis senlleira de Portas e o matemático e xeógrafo máis importante na historia de Galicia.

O CONCELLO SUSPENDE OS TRADICIONAIS ACTOS NA HONRA DE SAN PEDRO MÁRTIR PERO MANTÉN ABERTA A CAPELA PARA VISITAS CON AFORO LIMITADO

O Concello de Portas decidiu cancelar os actos para honrar a San Pedro Mártir, previstos para o vindeiro sábado 24 de abril, ante as medidas preventivas sanitarias marcadas por mor da Covid-19 que fan imposible manter esta tradicional celebración anual.

Aínda así, o Concello de Portas manterá a capela aberta ao público todo o sábado desde as 10 da mañá ata as 19 horas (sete da tarde) cun aforo limitado a tan so 5 persoas, como máximo, co fin de manter as medidas de prevención impostas por mor da pandemia.

A capela de San Pedro Mártir, ubicada na parroquia de Lantaño, só se abre ao público a derradeira fin de semana do mes de abril para honrar ao seu patrón, engalanándose o Cruceiro do Culebrón (un dos máis curiosos e vistosos da comarca que posúe representado unha enorme figura dunha serpe enroscada no fuste desta cruz de pedra) cunha coroa de millo para pedirlle unha boa colleita ao santo.

Este templo relixioso é de propiedade municipal desde o 7 de abril do ano 1995 en que foi doado ao patrimonio do Concello de Portas polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, e é a admistración local a encargada de garantir o seu mantemento e conservación.

INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO CONCELLO

INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO CONCELLO DE PORTAS EN CANTO A CASOS DE COVID-19: LUNS 22 DE MARZO DE 2021#COVID19

????A Consellería de Sanidade cifra en CATRO o número de casos activos de persoas afectadas no concello de Portas.

CONTINUAMOS co mesmo número de casos activos de Covid-19 no noso municipio.

Debemos autoprotexernos e continuar usando en todo momento as máscaras, limitar ao máximo os desprazamentos, tomar medidas hixiénicas con asiduidade e manter o distanciamento social

#sentidiño

CALENDARIO DOS CURSOSO TEU RURAL TEN FUTURO

CALENDARIO DOS CURSOSO TEU RURAL TEN FUTURO- TIC EMPRENDES ????– ÚLTIMAS PRAZAS

⛹️‍♀‍ ⛹????‍♂‍ Se tes entre 16 e 30 anos.

❌ Non estudias ???????? nin traballas ????????‍♀‍.

????️ e resides nun concello de menos de 5.000 habitantes anímate a participar

Os cursos teñen unha duración de 125 h. e se desenvolverán en aula virtual.

???? Aplicacións móbiles.

???? Tendas en liña.

???? Márqueting dixital.

????️???????? Contidos dixitais: Imaxe , Vídeo e Vídeo Xogos.

???????????????? Organización e xestión de almacéns.

✈️????⛱️????️⛺ Venda de produtos e servizos turísticos.

????????✍️ Para mais información ou realizar a solicitude de participación :https://www.depo.gal/tic-emprendes☎️ Teléfonos: 886217320-986804100 (ext 47321)???? 618945473

DISFRUTA DO USO GRATUÍTO DAS PISTAS DE PÁDEL

DISFRUTA DO USO GRATUÍTO DAS PISTAS DE PÁDEL ATA DESPOIS DE SEMANA SANTA

O Concello de Portas pon a disposición da práctica deportiva de toda a veciñanza das pistas de pádel municipais que ata despois de Semana Santa serán de uso gratuíto por parte dos veciños e veciñas do noso municipio.

Para reserva-lo uso destas instalación deportivas deben dirixirse ao teléfono 647 95 91 94 para poder utilizar de forma ordenado o uso responsable das pistas de pádel.Aproveita estes días para practicar un deporte divertido nas instalacións municipais respectando as normas sanitarias e de convivencia veciña.

Lembra, se queres utilizar gratuítamente as pistas municipais de pádel ata despois de Semana Santa podes facelo reservando o seu uso no teléfono 647 95 91 94.

NOVAS MEDIDAS FRONTE Á COVID-19

???? NOVAS MEDIDAS FRONTE Á COVID-19 QUE ENTRARÁN EN VIGOR ESTE VENRES E QUE AFECTAN AO CONCELLO DE PORTAS.???? REVISARANSE ANTES DE SEMANA SANTA.

???? O toque de queda segue vixente ás 22:00 horas.

☕????Hostalaría: Amplíase a capacidade interior a 50% e terrazas a 75%. Peche ás 21:00 horas.

???? Reunións de ata 6 persoas NON CONVIVINTES no exterior e 4 NON CONVIVINTES en interiores.

❌ EN DOMICILIOS PROHIBIDAS AS XUNTANZAS ENTRE NON CONVIVINTES.

???? MOBILIDADE: Liberdade de movemento entre tódolos concellos excepto os que se atopan no nivel de máxima restrición.·

???? Estas medidas entran en vigor ás 00:00 do venres 19 de marzo.

???? As medidas anunciadas hoxe serán revisadas o 29 ou 30 de marzo, antes dos festivos de Semana Santa. ·

#MoitoSentidiño#Coidémonos

II CONCURSO REACCIÓN POLO CLIMA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude convoca a segunda edición do concurso REACCIÓN POLO CLIMA, iniciativa que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático e potenciar o talento e as reivindicacións neste eido da mocidade na nosa provincia.

✅Esta convocatoria, dotada con 4.000 euros, está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos de idade empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra

✅Poderán participar as persoas xurídicas que teñan a sede social na provincia e polo menos o 50% da súa xunta directiva estea formada por persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos

➡Podes atopar mais información no seguinte enlace: https://www.depo.gal/concurso-reaccion-polo-clima

➡Podes consultar as bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: https://boppo.depo.gal/…/-/boppo/2021/03/15/2021011573

➡Para realizar a inscrición, e preciso cubrir o formulario que atoparedes na seguinte ligazón: https://sede.depo.gal/…/catalog/catalog-details.xhtml…

✅Se precisades mais información ou algunha aclaración sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, non dubidedes en contactar con nos a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 16 de marzo de 2021 ao 18 de maio de 2021

https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=84936988&siacode=2346744&fbclid=IwAR1XcfzLX_sYx_17AAQl2G9MMKsN8eKHFFJFdLKnIBbQakpE9_fFQwxW8dU

INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO CONCELLO

INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO CONCELLO DE PORTAS EN CANTO A CASOS DE COVID-19: VENRES 12 DE MARZO DE 2021

#COVID19

????A Consellería de Sanidade cifra en CERO o número de casos activos de persoas afectadas no concello de Portas.

PROSEGUIMOS sen que se detecte nengún caso activo de Covid-19 no noso municipio, pese a elo debemos autoprotexernos e continuar usando en todo momento as máscaras, limitar ao máximo os desprazamentos, tomar medidas hixiénicas con asiduidade e manter o distanciamento social.

#sentidiño