Pazo da Peroxa

Dentro da parroquia de Santa María de Portas aínda se poden visitar parte dos edificios, que pertenceron á antiga Casa e Torre dos señores da Peroxa, vinculada á liñaxe de Mosquera Caamaño e Castro, que en sucesivos enlaces entroncan cos Montenegro, os Somoza, os Bermúdez, os Seixas e os Zúñiga. Casa e Torre que primitivamente estaban dentro do territorio da freguesía de Santa María de Caldas, segundo se desprende dos libros sacramentais de dita parroquia, nos que figura o lugar da Peroxa como territorio da mesma, ó rexistrar os nacementos, os casamentos e as defuncións dos membros da familia dos señores da Peroxa, que aínda teñen o seu panteón, no antigo cemiterio parroquial de Santa María.

Hoxe o que antes era e se designaba como «lugar de a Peroxa», nos termos da parroquia de Caldas, é desde o século pasado da parroquia de Portas. En pé, aínda que en estado ruinoso, o que foron Casa e Torre dos Mosquera de Castro e Caamaño, que dentro do recinto tiñan a súa correspondente Capela. Chama poderosamente a atención a portada brasonada, que se abre no muro que se estende pola parte frontal da entrada. Sobre ela destacan tres escudos cos brasones da liñaxe dos señores da Peroxa. Na parte central, un a todo cuartel coa árbore e as lanzas dos Caamaño, á súa dereita, outro de forma circular con catro participacións e as armas dos Villardefrancos, Ribadeneira, Mosquera e unhas figuras circulares que non sabemos a súa significación. Como timbre a serea dos Mariño. No lado esquerdo, hai un terceiro coa mesma forma e timbre e as armas dos Maza, Soutomaior, Figueroa e Somoza. Vese que nos escudos da entrada da Casa Torre quíxose sinalar a relación da liñaxe da Peroxa coa Casa do Curuxal e a do Mayorzgo de San Marcos de Perdecanai, pois as armas que hai nos escudos das mencionadas Casas repiten as armas dos escudos da fachada do pazo da Peroxa.

Despois de pasar o portalón exterior atópase unha ampla explanada que separa dúas edificacións. A da dereita de planta baixa con dependencias que tiñan no extremo a capela, e no lado oposto unha casa de baixo e unha planta que se cerraba con alta torre, que daba fronte ás hortas e prados, estendidos ata as beiras do río, e á explanada da entrada da Capela. O edificio da torre ten na súa fachada un escudo acuartelado cos brasones dos Bermúdez, Montenegro, Gayoso e Suárez de Deza. A torre conserva tan só os muros, pero é fácil observar que tivo no seu interior unha parte baixa con comunicación co exterior, xa que se ven os ocos das portas. Unha primeira planta, onde debía estar o fogar ou cociña, pois aínda perdura o oco correspondente ó desafogo do fogón en forma de cheminea e a segunda planta con ventás e unha porta de comunicación co piso da casa inmediata. Dise que nos sotos da torre había un túnel de comunicación que chegaba ata o río. A gran cantidade de escombros que hai tanto no interior da torre como na parte exterior elevan considerablemente o plano do terreo e do piso baixo, quedando soterradas as portas e algunha ventá, e por eso non se pode coñecer a existencia do mencionado conducto subterráneo e que a súa entrada estaría no soto da torre.

A torre ten planta cadrada con muros de sillería uniforme, coroados por un aleiro con molduras, e gárgolas nos ángulos. Ventás abertas nos frontes que están independentes da casa con que se comunicaba, e dúas portas laterais, unha das que daba a unha edificación, hoxe completamente derruída, que estaba pegada polo lado sur e da que aínda se ven parte dos muros e unha das ventás do fronte do nacente. Pola estructura dos muros se deduce que a torre formou parte dunha edificación de carácter defensivo, á que uniron unhas dependencias de amplitude señorial, cercadas coa suntuosidade dunha gran portada pacega, coroada con ameas e a típica cruz central, servindo de coroamento ós escudos que destacan sobre o portalón de entrada.

Nun espacio que está máis baixo que o plano da torre, cara a planicie por onde corre o río de Portas, hai outra casa tamén pertencente á familia dos señores da Peroxa. A súa planta é cadrada e o paramento dos muros consérvase perfectamente pola solidez dos seus sillares. Na planta baixa, divisións de cantería, separando as bodegas, a cociña e outras dependencias, unha escaleira interior conduce ós dous pisos, nos que aínda que quedan en pé as habitacións ás que se abrían as correspondentes ventás. No segundo piso, un amplo balcón da luz á sala central, con carácter de ser a dependencia principal da casa pola súa situación e as súas dimensións. O balcón ofrece a extraordinaria perspectiva dun despexado panorama de hortas, o curso do río, viñedos e montes das parroquias de Portas, Santa María de Caldas e Arcos da Condesa. Conserva o forte e antigo cerre de ferro e na parte central da parede o escudo familiar a tres particións. Na da dereita a árbore coas lanzas dos Caamaño, e nas da esquerda as cinco cabezas de lobo dos Mosquera e os seis roeles dos Castro. Como peza interesante e antiga o chamador da porta de entrada da casa, obra perfecta de artesanía dos primeiros tempos da casa.

Traducción ó galego dun artigo escrito por D. Hipólito de Saa Bravo

Situación.- Aldea de A Peroxa, parroquia de Santa María de Portas.

Orixes.- Con toda probabilidade, século XV.

Apuntes históricos.- Temos constancia documental de que Luis Mosquera de Caamaño foi o “fundador da casa” no século XVII, aunque esta expresión no debe tomarse de forma literal, en el sentido arquitectónico, sino aplicable a la institución del vínculo, acto jurídico posterior, con toda probabilidad, al levantamiento del edificio pacego.

En A Peroxa vivieron Luis y su esposa, Catalina de Castro Caamaño, la cual había aportado su dote como hija de los señores de la casa do Curuxal (sita en Tivo, Caldas de Reis) y de la que era hermano Diego de Castro y Caamaño, el fundador del vínculo y mayorazgo de San Marco, cuya casa principal se halla en el lugar de San Antoniño, parroquia de Santa María de Perdecanai, en términos municipales de Barro (ver volumen 7 del Inventario). Luis falleció en noviembre de 1683 y fue sepultado, el día 30, en el enterramiento de Andrés Barba de Figueroa en la iglesia de Santa María de Caldas, donde, desde del 6 de enero del mismo año, reposaban los restos mortales de su esposa.

Los Mosquera de Caamaño, al tiempo que sucedian en la casa por línea de varonía no descuidaban la ampliación del patrimonio familiar heredado, a juzgar por los entronques que iban estableciendo sucesivamente. Así, además de la aportación inicial llevada por la citada Catalina, las dueñas consortes de A Peroxa procedían de familias que, para evidenciar su nivel socioeconómico, procuraban dotarlas con cierta generosidad. Zúñiga, Bermúdez de la Maza, Montenegro y Somoza, das Seixas Parga y Lobeira, Castelos y Villardeftancos, Osorio y Galos, Taboada y Suárez de Deza, apellidos todos que se asocian a ilustres casas y pazos situados en Xeve (pazo-fortaleza de Gondar) y Dorrón (en Nantes-Sanxenxo), Pontevedra, Vilagudín (en Santa María de Vigo-Cambre) y San Paio de Brexo (Cambre), Terra de Deza, etc. En ocasiones se invertían los papeles y correspondía a los señores de A Peroxa dotar adecuadamente a sus hijas para no desmerecer; una de ellas, llamada Magdalena de la Maza y Mosquera, casó con Rafael Llorente y Oviedo, Regidor Perpetuo de Pontevedra y marqués de Astariz. Por su parte, el mayorazgo de San Marco –ya mencionado- vería incrementado su patrimonio con los bienes que le fueron legados a Maria Josefa Mosquera y Castelos Villardefrancos -nieta por la línea paterna de los señores de A Peroxa y por la materna de los de San Palo de Brexo y Vilagudin- cuando casó con Benito Antonio de Castro Gil Mariño Sotomayor (que fue Juez y Alcalde Mayor del Marquesado de Montaos, Procurador General de la Jurisdicción de Peñaflor y I Jefe y Capitán de las milicias urbanas, electo en 1742 por el Conde de Itre, a la sazón Capitán General de Galicia). La ceremonia nupcial tuvo lugar en A Peroxa el 20 de diciembre de 1725.

El apellido Mosquera mantuvo, durante generaciones, la titularidad de la casa-torre de A Peroxa, siendo el último miembro relevante vinculado al linaje Ramón Fernández y Fernández Mosquera (Caldas de Reis, 18.IV.1912 -A Coruña, 27.XII.1977), que llegó a ocupar los cargos de juez de Primera Instancia (Padrón), juez magistrado (Palma de Mallorca y Santiago) y magistrado en las Audiencias Territoriales de Cáceres y A Coruña; fue cultivador de las Letras, en prosa y en verso, disciplinas que supo tratar con fino humor; director de la revista mensual de literatura y ensayo “Abrente” (1934); corresponsal y colaborador periodístico y autor, entre otras obras inéditas, de las novelas “Roble al viento” (1934), “El hombre que escapó de un tapiz” (1949) y “Tres personajes y, al final, el autor” (1949).

Caracterización.- En el apéndice de un ilustrativo manuscrito genealógico que poseemos se cita textualmente la “Cassa y Torres de la Peroxa sitas en Sta. Mª de Portas y Sta. Maria de Caldas, Jurisd. de Peñaflor…”, lo que nos viene a plantear dos cuestiones. Una, de índole geográfica, es la explicación de que una parte de los edificios integrados en A Peroxa estuviese en tierras parroquiales de Portas y la restante perteneciese a la feligresía caldense de Santa María. La otra, de carácter arquitectónico, es la verificación de más de una torre en cl recinto.

Por lo que respecta a la primera cuestión, en la antigua división administrativa se encuentra el por qué la pertenencia de A Peroxa a dos parroquias, con preferencia a la de Caldas, a juzgar por la inclinación mostrada por sus dueños a celebrar los casamientos, nacimientos y defunciones de los miembros de la familia en su iglesia parroquial, donde todavía es visible el marmóreo monumento funerario de los señores de A Peroxa dentro de su cementerio y en cuyos libros sacramentales pudo comprobar Hipólito de Sa las numerosas inscripciones que le permitieron corroborar y completar la genealogía de la casa, que detalla en su cuidada obra “Historia de Caldas de Reis varias veces citada en este mismo tomo. La actual división administrativa, efectuada en el pasado século, determinou a adscrición íntegra da aldea de A Peroxa á parroquia de Santa María de Portas. Máis adiante falaremos da orixe da construcción dunha edificación exenta inmediata á casa principal, pero fóra do recinto murado.

A segunda das cuestións suscita a existencia de, cando menos, unha torre máis, cousa que dubidamos pois noutros documentos manexados lese “Casa y Torre de La Peroja”, sen que se aprecien restos que puideran corresponder a outra torre nas súas inmediacións.

Aínda que o estado actual do edificio principal, torre e demais dependencias secundarias é ruinoso, pode aínda apreciarse a importancia que a casa tivo en etapas anteriores, nas que figurou como unha das máis significativas de todo o Val do Salnés.

O recinto está delimitado por un sólido muro, orientado cara o ocaso maniféstase monumental. Fabricado con grandes pezas graníticas de mampostería e rematado por una cornixa moldurada sobre a que pervive parte das almenas, a súa parte central se transforma en portalón ó elevarse con suficiente discreción para dar abrigo ós tres escudos que lle advirten ó visitante as liñaxes que señorearon a casa-torre. Como coroamento, unha santificadora cruz de pedra vese flanqueada por sendos pináculos de gran plasticidade.

Tralo portalón descóbrese un espacioso patio, na cara esquerda disponse a casa, de planta rectangular, anexa á cal está a torre, en desolador estado, na que aínda é visible a súa histórica e xa vencida grandeza arquitectónica: planta cadrada, fábrica de pulidos sillares y corpo alto definido a partir dun alero moldurado a cuia altura aínda se mostra, de sorte un tanto agresiva, unha das catro gárgolas que se proxectaban desde cada un dos ángulos e que se corresponde co pináculo que remata a parte superior da torre, derrubada parcialmente puido ter sepultado o pasadizo -do que só temos referencias verbais- que conduciría ata o río Chaín, que discorre polo nacente de A Peroxa antes de regalar as súas augas ó Umia. Por desgracia, o único motivo que agora a decora -vexetal neste caso- é a abundante maleza, ademais das cicatrices que outra construcción, desaparecida xa, anterior á que se atopaba e unida, o que fai deducir que o conxunto adoptaba planta en escuadra.

Ó piso superior da casa accedíase subindo unha escalinata de pedra de estilo barroco, que tamén se desfixo e os seus restos -anacos de pasamáns, balaústres e peldaños estiveron durante anos alfombrando o chan.

Á esquerda da casa, en plano elevado e cerca do muro, encóntrase un hórreo de regulares proporcións e construído de madeira. Cara o outro lado do patio alíñanse, adosadas ó muro de cerre do recinto, diversas edificacións secundarias, arruinadas todas, entre as que sobresae a dedicada a capela, que conserva na súa tribuna unha celosía de madeira na que pode lerse a inscrición

“EN OBSEQUIO de la Madre de Dios serbicio de sus administradores los sres de la peroja i sacerdotes se izo esta sacristía i subio la capilla el año de 1854. Les graba i pinta M.M.T. en 1855”.

M.M.T. son as iniciais que se corresponden con Manuel Mosquera y Taboada, fillo de Antonio Mosquera Caamaño de Seixas y Osorio e de Tomasa Taboada y Suárez de Deza.

Como queda dito liñas atrás, fóra do recinto, aínda que inmediata á torre, existe outra edificación de dúas plantas, de boa fábrica e en mellor estado que a principal, desde o seu balcón de ferro ofrécese unha estupenda panorámica das fincas que, regadas e fecundadas polas augas do río Chaín, formaron parte do maiorazgo. A tradición oral sostén que esta casa debe a súa existencia ás discrepancias que un dos señores de A Peroxa tiña co párroco de Santa María de Portas, polo que decidiu construír un novo edificio dentro dos limites parroquiais de Santa María de Caldas para así non depender da potestade eclesiástica de aquel.

Escudos.- Son cinco en total as labras heráldicas repartidas por distintos puntos do pazo: tres no portalón; outro, na fachada principal da casa e o quinto no edificio próximo independente.

No portalón, o pino e as lanzas dos Caamaño ocupan o campo dun escudete que aparece flanqueado por outros dous escudos de maior tamaño e de factura, particións, timbre e decoración exterior moi similares. Ambos presentan contornos ovalados, campos cuarteados en cruz e timbrados por sendas sirenas que simbolizan ós Mariño. O da esquerda preséntanos as armas dos Villardefrancos, Ribadeneira e Mosquera, non distinguíndose ben os mobles do terceiro cuartel, que poderían aludir ós Miranda; o da dereita non ofrece dúbida algunha en canto á interpretación das liñaxes nel plasmados: de la Maza, Sotomayor, Mariño, Figueroa e Somoza.

A pedra armera que ocupa lugar preferente na fachada da casa principal é excelente, tanto na súa execución artística como heráldica: Mostra tamén o seu campo cuarteado en cruz no que se representan os distintivos dos Bermúdez, Montenegro, Gayoso e Suárez de Deza. Leva por timbre unha coroa de marqués volada e decoración vexetal.

Por último, na casa secundaria hai un escudo sobre a porta da planta alta que se abre ó balcón. É oval e no seu campo, partido e cortado, móstranse de novo as armas dos Caamaño, Mosquera e Castro, timbrándose con helmo volto á sinistra.

Estado de conservación.- Ruinoso.

Bibiografía: Inventario PAZOS Y TORRES de la provincia de Pontevedra.

De Juan M. López Meléndez y Grato E. Amor Moreno

Editado por: Exma. Diputación Provincial de Pontevedra 1997