Despois de 12 anos de traballo intenso o alcalde Ricardo Martínez agradeceu o esforzo dos anteriores rexidores, Roberto Vázquez e Víctor Estévez, como iniciadores deste proceso que remata agora co seu impulso definitivo no seu primeiro mandato como presidente da Corporación Municipal de Portas.

Este Plan Xeral, que contou no acto de sinatura coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, suporá un paso de xigante para que Portas poida fixar poboación e deseñar o seu crecemento futuro dun xeito responsable, sostible e equilibrado.

A ordenación urbanística das parroquias de Briallos, Portas, Lantaño e Romai estará marcada por este PXOM no que destacan:

-Máis de 45.000 m2 para espazos libres e zonas verdes e os máis de 100.000 m2 para equipamentos comunitarios.

-61 núcleos delimitados de 65.

-1.352 vivendas existentes.

-Capacidade máxima do solo urbano consolidado: 84 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo urbano non consolidado: 22 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo de núcleo rural tradicional: 415 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo de núcleo rural común: 902 novas vivendas.

-Capacidade máxima do solo urbanizable residencial: 100 novas vivendas.

-Capacidade máxima residencial do PXOM: 703 novas vivendas.

PORTAS AVANZA DE FORMA SOSTIBLE E ORDENADA CARA AO SEU FUTURO.

Recomendados