O pasado 1 de xullo, empezaron as Actividades de Verán no Concello de Portas. Durante todo o mes os nenos e nenas participantes , disfrutarán de diversas actividades, relacionadas con distintas temáticas: “O noso pequeño mundo”, “Cabanas”, “Arte: Teatro e música”…
Durante estes días realizaron diversas actividades no CPI Domingo Fontán, acuáticas na Praia fluvial, iniciación á equitación, talleres de ciencia e muller…
Durante a mañá de hoxe, os nenos e nenas descubriron o mundo da ciencia con divertidos experimentos realizados pola Química Antía Piñeiro.O programa está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
A pesar de ser un verán atípico, e cumprindo con todas as medidas de prevención sanitaria, Esperamos que sexa un verán cheo de diversión e aprendizaxes!!!