Durante o mes de marzo, o Concello de Portas conmemorou o día Internacional da Muller (8 de Marzo) cunha campaña de visualización das mulleres do noso municipio, ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
Dita campaña consistiu na publicación de 14 entrevistas ao longo de todo o mes, a través da cal se quixo visualizar o papel de cada unha das mulleres participantes en distintos ámbitos da súa vida persoal, familiar, laboral … tendo en conta as súas vivencias e experiencias en función da época vivida.
Dende o Concello de Portas somos conscientes que non son as únicas mulleres, pero si poden representan a cada unha delas, que cada día da súa vida, loitan e se esforzan por lograr un futuro mellor, libre de todo tipo de violencia de xénero e con igualdade de oportunidades e dereitos.Damos as grazas a todas estas mulleres polo seu esforzo e loita.