O 25 de abril de 2022 remata o prazo de presentación de solicitudes para ocupar o posto de xuiz/a de paz do Concello de Portas. As solicitudes deberán ser presentadas no Rexistro de entrada do Concello de Portas ou ben mediante procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.

Correspóndelle ao Pleno da Corporación Municipal do Concello de Portas elixir ás persoas para ser nomeadas xuiz/a de Paz deste municipio de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.

Recomendados