O Concello de Portas súmase ás distintas actividades que de xeito oficial se están desenvolvendo para conmemorar o Día Internacional da Atención Temperá, que se celebra o 16 de xuño.

Pero, que é a Atención Temperá?
A atención temperá é un conxunto de intervencións, técnicas e ferramentas dirixidas a persoas de entre 0 e 6 anos que permiten responder, de forma temperá, a calquera necesidade transitoria ou permanente de nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento. Noutras palabras, podemos dicir que permiten anticiparnos ao tratamento de calquera trastorno evolutivo, así como anticiparnos a que ocorra este trastorno en persoas predispostas a padecelo.

Estas técnicas son esenciais en numerosos campos do coñecemento, como na Educación, na Psicoloxía ou no Traballo Social. Grazas a elas, moitos nenos e nenas poden levar unha vida normal, aínda padecendo determinados trastornos que, hai uns anos, non lles permitirían ter unha vida normal. Por iso, é fundamental na vida de moitos nenos e nenas e dos seus familiares.

Recomendados