O Concello de Portas acaba de facer público un bando no que se recolle a convocatoria das Axudas Municipais o Apoio ao Estudo para o curso escolar 2022-2023. O prazo para a súa solicitude está aberto ata o 4 de outubro e poderán acoller as familias que estean empadroadas no municipio.
Os gastos subvencionables a través desta liña de axudas postas en marcha polo Concello de Portas son os seguintes:
GASTOS SUBVENCIONABLES:
1.- Material escolar funxible(libretas, lapis, folios, material de papelería non reutilizable e/ou material de manualidades) para o alumnado da segunda etapa de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria..
2.- Libros de texto en educación infantil.
3.- Material informático para alumnado de primaria e secundaria (pincho usb, tablet, ordenadores portátiles/mesa, ratos, teclados e/ou impresoras).
4.- Vestiario básico para alumnado da segunda etapa educación infantil (mandilón)
Máis información no seguinte enlace https://portas.sedelectronica.gal/ e nas oficinas do Concello de Portas.