O proxecto Depoforest Xestión integral e aproveitamento de piñeirais’ que ten como obxectivo a mellora da capacidade para encontrar emprego das personas en situación de desemprego , especialmente mulleres, xóvenes, maiores de 45 años, e residentes en zonas rurais protexidas, que teñan interese en traballar no sector forestal e no medio natural estará en Portas o 12 de decembro.
Tratase dun proxecto formativo para a creación de emprego da Deputacion de Pontevedra dentro do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. O programa é gratuito.
Consta de 5 accións de formación presencial e talleres prácticos . O noso programa formativo recolle e pon en valor a multifuncionalidade dos bosques a través dunha xestión innovadora, que axuda ao desenvolvemento socioeconómico de espacios forestais e comarcas da provincia de Pontevedra.
Ademais de preservar e mellorar os socio-ecosistemas relacionados coa actividade de extracción de resinas naturais, co obxeto de garantir e potenciar a mixtura de usos (pastoreo, recreo, educativo, aproveitamento micolóxico, conservador e forestal productivo), unha innovación centrada nos propietarios e comunidades de montes, cun claro retorno sociocultural, económico e ambiental da inversión realizada baseada na bioeconomía, no mantemento dos servicios ecosistémicos, o desenvolvemento rural e que faciliten a integración de mulleres e xuventude. Pretendese convertir o medio forestal nunha oportunidade laboral para os habitantes do medio rural.
A data de inicio prevista no concello de Portas é do 12 de decembro ata 27 de decembro en horario de 9:00-14:00 na Casa da Cultura e MMCC Liñar.
Para poder participar debe remitir ben por correo electrónico ou ben presencialmente o día de inicio da acción formativa (Copia do DNI, Tarxeta Demandante de Emprego (actualizada))
Calquer cuestión ou dubida do proxecto Depoforest poden contactar co servicio de medioambiente mediante a dirección de correo medioambiente@depo.es ou ben no teléfono 886 210 725 .