A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Portas o estado de execución das obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros. Na súa visita, percorreu xunto co alcalde, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a desenvolver as obras de renovación do firme e de mellora da seguridade viaria.

As obras contemplan a reparación da estrada, mediante a execución de saneos e fresado da capa de rodadura existente. Ademais, estase a proceder a aplicar un tratamento superficial e a repoñer o firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.Tamén contemplan a execución de pasos de peóns sobreelevados e a reposición de sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público e de mellorar a seguridade viaria.

Recomendados