
Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Portas en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán e coas Escolas Infantis de Lantaño e Romai, levará a cabo unha actividade dirixida ao alumnado de infantil coa finalidade de promover valores de igualdade e cooperación, ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
