O CONSELLEIRO DE CULTURA E O ALCALDE VISITAN AS OBRAS DE MELLORA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE PORTAS NA QUE A XUNTA INVISTE UNS 115.000 EUROS

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez, visitou as obras de mellora da Escola Municipal de Música de Portas, un proxecto para o que a Xunta achegou 115.000€ mediante un convenio co Concello, que ascende en total a 617.000€, e cuxa finalización está prevista para agosto de 2026.

Así, o representante da Xunta indicou que con esta actuación “desde o Goberno galego continuamos respondendo ao compromiso coas administracións locais no que respecta ao mantemento nas mellores condicións dos seus equipamentos culturais”. Deste xeito, tal e como explicou, “con este convenio sumámonos a un proxecto que se destinará a solucionar os problemas de accesibilidade e distribución dos espazos funcionais do edificio, en liña coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia”.

Así, a Xunta colabora coa adaptación deste edificio, construído en 1947 no lugar de San Xoán, e que antigamente acolleu unha escola pública, ás necesidades da actividade que actualmente se leva a cabo nas mesmas e “que contribúe á dinamización cultural da localidade”, apuntou López Campos. Neste senso, o proxecto contempla a modificación na organización dos espazos, a mellora nos accesos e a construción dun local anexo ao inmoble destinado a almacén e cuarto de instalacións. Ademais, tamén se pretende optimizar o sistema térmico para ofrecer un servizo axeitado ás persoas usuarias deste equipamento.

Un equipamento máis eficiente

O inmoble que alberga a Escola de Música de Portas está dividido en dúas partes, unha zona anterior dedicadas ás distintas actividades da entidade e outra posterior que se usa habitualmente para ensaios.

Con esta actuación pecharase a zona do porche para un mellor aproveitamento desta área, intervirase no illamento térmico do edificio e procederase a cambiar a estructura da cuberta. Tamén se dotarán as instalacións con mobiliario, equipos informáticos e de imaxe e son.

A AGRUPACIÓN PORTAS-MORAÑA-CAMPO LAMEIRO RECIBE UNHA AXUDA DE 23.130 EUROS PARA A IMPLANTACIÓN DE RECOLLIDAS SEPARADAS DE TEXTIL

A Agrupación Portas-Moraña-Campo Lameiro resultou beneficiaria das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L4 – TEXTIL, cunha axuda concedida de 23.130 euros no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

A AGRUPACIÓN PORTAS-MORAÑA-CAMPO LAMEIRO RECIBE UNHA AXUDA DE 154.206 EUROS PARA A IMPLANTACIÓN DE RECOLLIDAS SEPARADAS A TRAVÉS DO COLECTOR MARRÓN

A Agrupación Portas-Moraña-Campo Lameiro resultou beneficiaria das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L1 – COLECTOR MARRÓN, cunha axuda concedida de 154.206 euros no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

A AGRUPACIÓN PORTAS-MORAÑA-CAPO LAMEIRO RECIBE UNHA AXUDA DE 17.478 EUROS PARA A IMPLANTACIÓN DE RECOLLIDAS SEPARADAS DE ACEITES DE COCIÑA

A Agrupación Portas-Moraña-Campo Lameiro resultou beneficiaria das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L3 – ACEITE, cunha axuda concedida de 17.478 euros no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

A AGRUPACIÓN PORTAS-MORAÑA-CAMPO LAMEIRO RECIBE UNHA AXUDA DE 26.514 EUROS PARA A IMPLANTACIÓN DE RECOLLIDAS SEPARADAS DE BIORRESIDUOS

A Agrupación Portas-Moraña-Campo Lameiro resultou beneficiaria das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación 12 – COMPOSTAXE, cunha axuda concedida de 26.514 euros no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

O CONCELLO DE PORTAS CONMEMORA O 25-N CON DIVERSAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA DO C.P.I. DOMINGO FONTÁN

O Concello de Portas, en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, organiza actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria, coa finalidade de conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. Con estas actividades preténdese traballar a igualdade de xénero, analizar mensaxes relacionados cos roles de xénero, o amor romántico, o control, a violencia simbólica, etc.

Estas actividades, que terán lugar o 24 de novembro, realízanse ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.