O CONCELLO DE PORTAS RECIBE 61.691,93 EUROS DE FONDOS EUROPEOS A TRAVÉS DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL PARA MELLORAR OS CAMIÑOS DE CURRÁS A CUBELO E DE CASAL

O Concello de Portas obtivo unha axuda de 61.691,93 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, para acometer a mellora de varias vías municipais ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026.

A actuación permitie executar o proxecto denominado “Mellora de camiño de Currás a Cubelo, en Romai, e Casal, en Portas”, co obxectivo de renovar estas comunicacións rurais, incrementar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos da veciñanza.

Do investimento concedido, 60.918,43 euros destinaranse directamente á execución da obra civil, mentres que os 773,50 euros restantes corresponderán aos traballos de control de calidade. A subvención distribúese en dúas anualidades: 30.055,01 euros con cargo ao exercicio 2025 e 31.636,92 euros ao exercicio 2026. 

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE AO CONCELLO DE PORTAS UNHA SUBVENCIÓN DE 4.523,65 EUROS PARA UN PROGRAMA DE APODERAMENTO FEMININO

A Excma. Deputación de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Portas unha subvención por importe de  4.523,65 euros para financiar o “PROGRAMA DE APODERAMENTO FEMININO PARA MULLERES DO CONCELLO DE PORTAS”. Con esta axuda os servizos municipais poderán desenvolver as ferramentas necesarias para continuar desenvolvendo accións e actuacións en materia de igualdade no Concello de Portas. 

Screenshot

O CONCELLO DE PORTAS EN COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE APODERAMENTO FEMININO DIRIXIDO A MULLERES DO MUNICIPIO

O Concello de Portas, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, pon en marcha un programa de Apoderamento Feminino dirixido ás mulleres do municipio. A iniciativa inclúe distintos obradoiros centrados no benestar persoal e emocional, abordando temas como o autocuidado, a memoria, a relaxación e a autoestima.

As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición entre os días 8 e 17 de xuño nas oficinas do Concello. Ademais, celebrarase unha reunión informativa o 18 de xuño ás 10.30 horas na biblioteca, onde se explicarán os detalles do programa e o funcionamento das sesións.

Os obradoiros desenvolveranse os luns e mércores, en horario de 10.00 a 11.30 horas, creando un espazo de encontro, aprendizaxe e apoio entre as participantes.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Concello no teléfono 662 620 397.