O Concello de Portas obtivo unha axuda de 61.691,93 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, para acometer a mellora de varias vías municipais ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026.

A actuación permitie executar o proxecto denominado “Mellora de camiño de Currás a Cubelo, en Romai, e Casal, en Portas”, co obxectivo de renovar estas comunicacións rurais, incrementar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos da veciñanza.

Do investimento concedido, 60.918,43 euros destinaranse directamente á execución da obra civil, mentres que os 773,50 euros restantes corresponderán aos traballos de control de calidade. A subvención distribúese en dúas anualidades: 30.055,01 euros con cargo ao exercicio 2025 e 31.636,92 euros ao exercicio 2026. 

Recomendados