Aberta a oferta pública de emprego para poñer en marcha o proceso de selección de persoal formador, directivo e de apoio e alumnado do obradoiro dual de emprego “ULLA-UMIA: MORAÑA- PORTAS VALGA”. O sistema de admisión de candidatos/as será o de convocatoria pública tramitada a través da súa publicación na sede electrónica de Concellos de Maraña, Portas e Valga.
As Bases da Convocatoria publicaranse na sede electrónica de Concellos de Maraña, Portas e Valga.
As persoas aspirantes deberán presentar o modelo de solicitude (ANEXO 1) e a documentación acreditativa dos seus méritos. O prazo de presentación de instancias será de tres días hábiles a contar dende o día seguinte á súa publicación das Bases de convocatoria na sede electrónica dos tres Concellos.
O lugar de presentación será a través da Sede Electrónica de Concello de Valga ou no rexistro físico de Concello de Valga situado na rúa Avenida de A Coruña, nº 14 . Valga (Pontevedra) ou calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Ley 39/2015, de 1 outubro, de procedemento administrativo común das administracións publicas.
ANUNCIO: OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO:
BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL FORMADOR, DIRECTIVO E DE APOIO:
BASES PROCESO SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTE NO OBRADOIRO: