
O Concello de Portas executou o proxecto “Planta de xeración fotovoltaica para autoconsumo colectivo das Dependencias Municipais de Portas”, subvencionada ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG núm. 56 do 19/03/2024) (EXPEDIENTE IN421S-287), por un importe de TRINTA E CINCO MIL TRESCENTOS CORENTA E TRES EUROS (35.343,00€), con arranxo ao seguinte financiamento:
-INEGA – FEDER (60%) ………….…………….. 21.205,80 euros
-CONCELLO DE PORTAS 40% ………………. 14.137,20 euros
O obxecto do presente proxecto é o deseño dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo colectivo das dependencias municipais do Concello de Portas. A instalación realizouse na cuberta das pistas de padel, ubicadas no complexo da Azucreira de Portas.
Con elo, preténdese aforrar no consumo eléctrico das distintas instalacións que se atopan no entorno, como son a Escola Infantil, o Centro de Día ou o Auditorio Municipal.





