
Ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Portas en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán e coas Escolas Infantis de Lantaño e Romai, levará a cabo:
- Un contacontos co alumando infantil das EEI de Lantaño e Romai onde se traballará os estereotipos de xénero e se fomentará a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dende a infancia.
- Un obradoiro co alumando de 3º e 4º de primaria do CPI Domingo Fontán, a través do cal se traballará a importancia da empatía, o respecto e a xestión emocional como ferramentas de prevención da violencia.






