Durante esta semana os participantes na Ludoteca Municipal de verán seguiron gozando de diversas actividades entre as que destacan varias relacionadas coa concienciación ambiental, plogging na Azucreira de Portas e Vía Verde…
En cantos ás actividades de concienciación sobre reciclaxe, reutilizar e reducir, os nenos e nenas elaboraron cubos de reciclaxe propios para o CPI Domingo Fontán, a Azucreira e a Praia Fluvial; ademais de facer niños para paxaros…
Tamén aprenderon a xongar ao hóckei, deporte que tivo moito éxito entre a rapazada. Ademais frescáronse coa festa da escuma despois dunha actividade cos membros do CLUB ACUÁTICO UMIA de Caldas de Reis, onde lles ensinaron varias probas de modalidade de praia e xogaron todos/as a bandeiras e substitucións de sprint.
Para rematar a semana fóronse de excursión ao Grove, onde visitaron o centro de interpretación da Península do Siradella e divertíronse no parque dos Grobit.
Para a semana continuarán divertíndose con moitas máis actividades lúdico-formativas.
O Concello organiza e patrocina o Vº Campionato Interparoquial de Fútbol que se disputará o LUNS 25 DE XULLO no campo de fútbol municipal da Rapeira e no que participarán equipos de Portas, Lantaño, Briallos e Romai.
Os partidos comezarán ás 18 horas e os primeiros enfrontamentos que determinarán a fase final emparellarán a Portas fronte ao Lantaño (ás 18 horas) e a Briallos co Romai (ás 19 horas). A disputa polo 3º e 4º posto será ás 20 horas mentras que a gran final xogarase ás 20:30 horas. A entrega de trofeos será ás 21:30 horas.
Esta actividade promovida polo Concello de Portas, e que está prevista para o Día de Galicia, pretende irmandar ás parroquias que conforman o concello de Portas a través da práctica deportiva do fútbol como elemento aglutinador e vertebrador da boa veciñanza.
A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de facer pública unha segunda convocatoria do programa “Depotermal 2022”, para a cal está aberto o prazo de inscrición. Para ser beneficiario deben cumprir os requisitos:
Non ter adxudicada ningunha praza na primeira convocatoria.
Ter nacido antes do 1 de xaneiro de 1972.
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente).
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 0/0, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía, para desfrutar das instalacións dos Balnearios.
As parellas que desexen participar deberán cumpnr os mesmos requisitos.
A veciñanza de Romai disfrutou o domingo 17 de xullo do espectáculo “ABRACADAVER” de As Sircópatas (a través do Programa “Cultura no Camiño 2022” da Xunta de Galicia e AGADIC). Este espectáculo poderíase definir como unha cura colectiva para perder o medo, grazas á interpetación de Rogelio e o seu espectáculo circense que reúne sobre o escenario malabares, faquirismo, acordeón e unha chea de sorpresas que encandilan e atraen a atención do público presente.
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asistiu ao inicio de actividades do programa “Camiñando xunt@s 2022”, que pon en marcha o Concello, coa colaboración económica da Deputación, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar ao tempo que un total de 55 nenos e nenas en xullo e 30 en agosto disfrutan dun verán con actividades lúdicas e formativas de luns a venres en horario de 08:30 h ás 14:30 horas.
Ricardo Martínez foi recibido nas instalacións do CPI Domingo Fontán, onde cortou, simbólicamente, a cinta de inauguración de actividades, acompañado da Concelleira María Jesús Fontán. Ámbolos dous estamparon as súas man no cartel de benvida e participaron activamente en xogos e actividades de animación programadas polos monitores de tempo de lecer encargados de dinamizar a estancia dos mozos e mozas.
INFINIDADE DE ACTIVIDADES PARA DIVERTIRSE E APRENDER
Durante o mes de xullo, os nenos e nenas participantes nesta iniciativa municipal realizarán actividades variadas, como iniciación á equitación, geocahing, educación vial, galería da arte, taller de exhibición de taekwondo, visita do club de salvamento UMIA, charla de primeiros auxilio, etc. Todas as actividades desenvólvense entre o CPI Domingo Fontán, a Azucreira e a Praia Fluvial de Lantaño.
Este ano volveu cubrirse o número máximo de prazas disponibles, é dicir, 55 no mes de xullo e 30 para o de agosto, e no proceso de inscrición teñen preferencia os empadroados no municipio que traballe algún dos seus dous proxenitores en verán para, precisamente, facilitar con esta iniciativa desde o Concello a conciliación da vida laboral e familiar.
Segundo manifestou o alcalde, Ricardo Martínez, “esta iniciativa vén a dar resposta ás necesidades que moitas familias teñen en materia de conciliación e, ao mesmo tempo, é unha alternativa de tempo de lecer para a rapazada que rematou o curso escolar e que a través de “Camiñando xunt@s 2022” teñen alternativas para pasar as mañás de luns a venres con actividades entre amigos e compañeiros que fan o verán moito máis divertido”, indicou o alcalde de Portas.
A través do Programa “Cultura no Camiño 2022” da Xunta de Galicia e AGADIC, o Concello de Portas programa a actuación de “ABRACADAVER” de Assircopatas para o vindeiro 17 de xullo ás 20:30 horas no Centro Sociocultural “Xosefina Figueroa” en Romai.
Esta actividade estará aberta a todos os públicos e a súa entrada será totalmente gratuíta ata completar aforo.
O vindeiro xoves 14 de xullo, ás 12:30h na Praia Fluvial de Lantaño haberá unha representación dun espectáculo teatral sobre a vida e obra de Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
O grupo Polo Correo do Vento será o encargado de realizar a representación teatral e chega a Portas a través do Concello de Portas e a Deputación Provincial de Pontevedra.
Esta actividade está aberta ao público dun xeito gratuíto.
Alumnos do CPI Domingo Fontán de Portas disputarán a final do “Torneo de Xadrez Escolar Nacional por Equipos Tic-Tac Chess” que terá lugar no mes de setembro na localidade madrileña de Alcalá de Henares, despois de impoñerse nun campionato autonómico celebrado no centro comercial Vialia de Vigo.
O alcalde do Concello de Portas, Ricardo Martínez, felicitou aos seis compoñentes do equipo que representará a Galicia nesta finalisima en Madrid e salientou o traballo que realiza o Club de Xadrez da Cultural Deportiva Portas, entidade á que pertencen estes campións galegos.
O equipo formado por Yeray, Lucas, Adán, Brais, Yoel e Manuel impúxose en Vigo ao CEIP García Barbón e a outros dous conxuntos denominados equipos Masterchess A y B que combinaban xogadores de varios colexios de Galicia.
Esta importante xesta prodúcese precisamente no transcurso da celebración do 50º Aniversario da creación do CPI Domingo Fontán en Portas onde a práctica do xadrez forma parte da idiosincrasia do centro e protagonizou cun torneo parte dos actos conmemorativos deste centro escolar coa disputa dun campionato de xadrez.
BÚSQUEDA DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA ACUDIR Á FINAL
Por outra banda, ademais da ilusión de poder representar a Galicia, á provincia de Pontevedra, a Portas e ao CPI Domingo Fontán nunha final de trascendencia tan importante como esta a nivel nacional, as seis familias dos integrantes do equipo de xadrecistas están agora disfrutando da ilusión por acadar este éxito, pero tamén comeza un periodo de búsqueda de recursos económicos para facilitar o traslado e a estancia dos participantes e as súas familias na final que se disputará en Alcalá de Henares (Madrid).
Abrése o prazo para novas solicitudes de Turismo Social tempada 2022-23 do IMSERSO, dende o 17 de Xuño ata 19 de Xullo de 2022. Ante calquera dúbida ou para maior información, pódense dirixir aos Departamento de Servizos Sociais do Concello de Portas onde recibirán o asesoramento requerido.
A Fundación Elisa Abalo, o Concello e a Aula Universitaria da UNED de Pontevedra en Portas e A Milpa do Salnés porán en marcha o “Horto dos nenos”, unha iniciativa que se desenvolverá desde o vindeiro 22 de xullo e durante todo o ano sobre formación continua en agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.
Esta iniciativa formativa contará como ponentes con Ofelia Gaitán Palacios, licenciada en Ecoloxía e Recursos Naturais, e Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro Agrónomo e Mestre do método Biointensivo. A formación cubrirá todo o ciclo da agricultura a pequena escala, ó longo das 4 estacións do ano prantéxanse xornadas semanais cunha duración de 1 hora e 30 minutos con cada grupo con horarios que se adaptarán as características do grupo e ó momento do ano.
UNHA LEIRA CEDIDA POLO CONCELLO PARA FACER PRÁCTICAS
O Concello de Portas colabora de xeito moi activo nesta iniciativa formativa continuada para a infancia coa cesión dunha leira situada á beira da antiga estación de ferrocarril co fin de que, unha vez que reciba un tratamento inicial axeitado, forme parte do “laboratorio” sobre a que se aplicarán as técnicas aprendidas durante o curso de agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.
Mediante un programa formativo completo para todo o ano os nenos e nenas traballan experimentando os ciclos que se desenvolven na horta a través da metodoloxía de cultivo biointensivo (preparación profunda do solo, uso de composta, cultivos de carbono, asociación e rotación de cultivos, sementeira cercana, cultivos de calorías, uso de sementes de polinización aberta e integralidade) aproveitando os diferentes ciclos de cada cultivo.
O custe da actividade é de 50 euros en concepto de matrícula e 40 euros mensuais e terá como obxectivos aprender unha agricultura respetuosa cos ciclos dos cultivos de aproveitamento alimentario; coidar coidar a terra dun xeito sostible, enriquecéndoa; coñecer os ciclos dos cultivos que se desenvolven durante o ano e sensibilizarse coa necesidade dunha alimentación saudable.
Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desarrollo Sostible relacionados coa educación de calidade, a redución das desigualdades, produción e consumo responsables, acción polo clima e vida de ecosistemas terrestres.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duration
Description
cookielawinfo-checbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.