O Concello de Portas acaba de recibir unha importante remesa de contedores de recollida selectiva de lixo, tanto verdes como amarelos, que irán destinados a reforzar o sistema de retirada e posterior tratamento para os residuos sólidos urbanos que se producen en todo o municipio.

Esta última adquisición feita polo Concello de Portas supón un investimento duns 12.000 euros e permitirá incorporar 72 novos contedores de lixo ao servizo público de recollida. Este acopio de material permitirá substituir os contedores que presentan graves desperfectos ocasionados polo uso continuados do servizo, pero tamén aqueles que son vítimas do vandalismo e a falla de concienciación cidadá e que provoda o seu deterioro.

Tamén se aproveitará esta remesa de 72 novos contedores para reforzar a presenza da recollida selectiva de residuos sólidos urbanos en todo o municipio, pero especialmente naquelas zonas onde en épocas estivais se detecta unha maior presenza e tamén actividades xerando maior capacidade de produción de lixo ao que hai que darlle un tratamento e unha saída axeitadas.

REDUCIR, SEPARAR E RECICLAR

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, lembra á veciñanza da importancia que ten a colaboración cidadá na recollida, separación e aposta pola reciclaxe para mellorar este servizo. Martínez sinalou que “aínda que hai unha importante concienciación social sobre a necesidade de reducir os nosos resíduos, tamén é certo que estamos notando que a xente cada vez é máis consciente da obrigación de separar o lixo e favorecer os procesos de tratamento e reciclaxe”.

O alcalde recordou a importancia de separar ben os residuos porque “ademais de ser unha obriga que temos como consumidores e cidadáns é un beneficio para todos xa que canto máis separemos menos se desbota e podemos impulsar unha economía circular e tamén un reaproveitamento ecolóxico dos nosos residuos cun aforro importante tamén para o mantemento do propio servizo”.

Ricardo Martínez anunciou que nos vindeiros días emprenderase un proceso de reforzo do servizo de recollida con estes novos contedores, unha vez sexan rotulados para identificar a propiedade do Concello de Portas. “Intentaremos facelos rendir o máximo posible e chegar con estes novos contedores ata onde se poida porque aínda que ás veces non lle deamos importancia e pensemos que estas cousas non custan cartos, o certo é que si polo que temos que ser conscientes da necesidade de que coidemos do noso, do de todos”, indicou o alcalde.

Recomendados