Os nenos e nenas que participan na presente edición do programa de Actividades de Verán do Concello de Portas realizaron unha excursión pola Illa de Cortegada e visitaron o bosque de loureiros máis grande de Europa, a capela así como coñeceron a súa historia. Cortegada pertence ao Parque Natural das Illas Atlánticas e está enclavada na Ruta Xacobeo do Mar de Arousa.

Os cativos realizaron distintos roteiros lúdico-didácticos en grupos reducidos pola illa coñecendo ese gran parque natural e a súa historia moi ligada á Guerra da Independencia de España fronte á invasión napoleónica e tamén coa Casa Real, de feito a Illa de Cortegada pertenceu a Alfonso XIII e mesmo ao pai do Rei Xoán Carlos I, don Juan, o Conde de Barcelona. Hoxe pertence a tódolos galegos xa que foi recuperada para dominio público pola Xunta de Galicia.

Seguen as actividades e a diversión en Portas, sempre cumprindo con tódalas medidas de prevención sanitarias.

Recomendados