A Aula da Uned de Pontevedra en Portas clausurou a quinta edición do campus “Inglés na miña contorna” celebrado durante 12 días neste concello. O acto de clausura contou coa presencia do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, o director da Uned, Víctor M. González, o subdirector da Uned Pontevedra e concelleiro de Portas, Alfonso Vázquez e a concelleira Ana Maquieira.
Durante o acto, ao que asistiron os pais e familiares da trintena de nenos e nenos participantes, proxectouse un vídeo realizado durante o campus no que se recollen as actividades desenvolvidas polos cativos e tamén se deu conta do proxecto pedagóxico levado a cabo nesta edición do campus de inglés da Uned.
Ademais, durante a clausura fixose entrega de diplomas a cada un dos rapaces participantes, así como distintos agasallos conmemorativos do seu paso por este campus organizado na Aula da Uned en Portas.
Tanto os representantes da Uned como o alcalde agradeceron ás familias a confianza depositada na organización deste campus que se consolida como unha cita lúdico-educativa do verán en Portas e que é referencia non so para a comarca senón para toda a provincia. Tamén agradeceron a profesionalidade dos monitores que levaron a cabo o peso das actividades e a colaboración do Concello, do CPI Domingo Fontán e o CD Portas por ceder as súas instalacións.
Tamén destacaron o bo comportamento de todos e cada un dos participantes no campamento que foron quen de combinar harmónicamente a parte de apredizaxe lingüística co desenrolo de actividades lúdicas e de entretemento así como o traballo en equipo como elemento de socialización e de formación da súa personalidade.
Por último, o alcalde Ricardo Martínez agradeceu a Uned que elixira a Portas para realizar este campus e sinalou a inequívoca vocación de colaboración do Concello con esta iniciativa formativa polo que supón de “investimento no futuro dos nosos xóvenes que poderán contar, deste xeito, con ferramentas axeitadas, como a aprendizaxe do inglés, para enfrontarse aos retos que están por chegar e dos que serán os auténticos protagonistas”, indicou o rexidor.