O próximo martes 30 de novembro ás 18:00h realizarase a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas un Obradoiro de PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA, destinado ás familias do alumnado de Educación Primaria (o 14 de decembro realizarase un Obradoiro semellante destinado ás familias do alumnado da ESO).

Con este Obradoiro preténdese complementar as actividades preventivas que nos últimos anos se veñen realizando no ámbito escolar co obxectivo de previr os riscos e o abuso das novas tecnoloxías na xuventude, seguindo así, as directrices marcadas polo Pan Nacional sobre drogas e polo Plan autonómico de drogodependencias e condutas adictivas de Galicia. Nos que se lle da cada vez máis protagonismo ás intervencións preventivas relacionadas coas novas tecnoloxías, destinadas fundamentalmente ao ámbito escolar e familiar.

Por mor das circunstancias xeradas pola COVID-19, e para facilitar a coordinación coas familias dos cinco concellos o obradoiro será virtual, utilizando a plataforma Zoom, Sala de Reunión 657 806 3555 (ID).

Acceso picando a seguinte ligazón:

https://zoom.us/j/6578063555

(Necesario ter descargada a aplicación Zoom no dispositivo dende o que se acceda ao Obradoiro (móbil, Tablet, ordenador…))

Recomendados