O Concello de Portas abre o prazo a partir deste luns día 9 de maio e ata o venres 20 de maio para que os mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 30 anos e que estean empadroados no municipio que queiran asistir gratuítamente ao Festival “PortAmérica” poidan retirar as súas entradas nominativas nas oficinas municipais.

As entradas serán nominativas, persoais, individuais e intransferibles polo que os interesados en beneficiarse do acordo entre o Concello de Portas e a organización do “PortAmérica” deberán persoarse co seu DNI nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, para que se poida comprobar a súa identidade, a súa idade e que está realmente empadroado no municipio para poder retirar a entrada gratuítamente.

O tramo de idades dos beneficiarios reflicte os mesmos do carné xove, coa salvedade que se parte dos dezaseis anos, xa que  para poder acceder ao recinto, o poderán facer sen a necesidade de ir acompañados dun adulto, aínda que non se lles servirán bebidas alcohólicas, e precisarán dunha autorización do seu responsable legal.

“PORTAMÉRICA”, UN ACONTECEMENTE MOI ESPERADO POLA MOCIDADE

O equipo de goberno ten detectado o grande interese amosado pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica” polo que fará un esforzo económico para que as mozas e mozos do municipio desfruten do festival musical. Deste xeito pretenden compensalos, polo seu exemplar comportamento cívico durante estes dous longos anos de pandemia, e así  poidan asistir ao festival, totalmente gratis.

Recomendados