A Fundación Elisa Abalo, o Concello e a Aula Universitaria da UNED de Pontevedra en Portas e A Milpa do Salnés porán en marcha o “Horto dos nenos”, unha iniciativa que se desenvolverá desde o vindeiro 22 de xullo e durante todo o ano sobre formación continua en agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.
Esta iniciativa formativa contará como ponentes con Ofelia Gaitán Palacios, licenciada en Ecoloxía e Recursos Naturais, e Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro Agrónomo e Mestre do método Biointensivo. A formación cubrirá todo o ciclo da agricultura a pequena escala, ó longo das 4 estacións do ano prantéxanse xornadas semanais cunha duración de 1 hora e 30 minutos con cada grupo con horarios que se adaptarán as características do grupo e ó momento do ano.
UNHA LEIRA CEDIDA POLO CONCELLO PARA FACER PRÁCTICAS
O Concello de Portas colabora de xeito moi activo nesta iniciativa formativa continuada para a infancia coa cesión dunha leira situada á beira da antiga estación de ferrocarril co fin de que, unha vez que reciba un tratamento inicial axeitado, forme parte do “laboratorio” sobre a que se aplicarán as técnicas aprendidas durante o curso de agricultura ecolóxica biointensiva para a infancia.
Mediante un programa formativo completo para todo o ano os nenos e nenas traballan experimentando os ciclos que se desenvolven na horta a través da metodoloxía de cultivo biointensivo (preparación profunda do solo, uso de composta, cultivos de carbono, asociación e rotación de cultivos, sementeira cercana, cultivos de calorías, uso de sementes de polinización aberta e integralidade) aproveitando os diferentes ciclos de cada cultivo.
O custe da actividade é de 50 euros en concepto de matrícula e 40 euros mensuais e terá como obxectivos aprender unha agricultura respetuosa cos ciclos dos cultivos de aproveitamento alimentario; coidar coidar a terra dun xeito sostible, enriquecéndoa; coñecer os ciclos dos cultivos que se desenvolven durante o ano e sensibilizarse coa necesidade dunha alimentación saudable.
Esta actividade impacta nos Obxectivos de Desarrollo Sostible relacionados coa educación de calidade, a redución das desigualdades, produción e consumo responsables, acción polo clima e vida de ecosistemas terrestres.