O Concello de Portas destinará un total de 286.558,10 euros a acondicionar o campo de fútbol de Romai e dotalo de herba sintética para fomentar a práctica deportiva, especialmente do fútbol base. Esta actuación conta cunha axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 277.647,23 euros mentras que a administración local terá que aportar de fondos propios un total de 8.910,87 euros.

O obxecto deste investimento será dotar ao concello dun novo campo de fútbol en Romai cunhas instalacións modernas e apropiadas para fomentar a práctica do deporte base, especialmente o fútbol así como poñer a disposición da veciñanza en xeral un espazo axeitado para poder levar adiante calquera actividade deportiva.

O Concello prevé que se poida executar nun prazo máximo de 4 meses unha vez finalizado o procedemento de contratación pública e que a empresa adxudicataria dos traballos teña cumprimentada toda a documentación necesaria para acometer a obra.

O novo campo disporá de herba artificial cunhas dimensións de 101×56 m. e previamente á súa construciónn levarase a cabo un refórmulo topográfico no que se terán en conta para as cotas de remate, todas as instalacións previstas e a estrutura do firme.

Regularizarase a base existente, realizando unha inspección da superficie, comprobando onde a planimetría puidese necesitar algunha actuación para evitar zonas de depresións e deterioradas. No caso de atoparse con estes inconvenientes, actuarase para liquidalos.

Instalarase unha herba artificial de 60 mm de altura (±5%) e 13 puntadas por decímetro lineal e 15600 Dtex, 8189 puntadas por metro cadrado (±10%). A fibra será de polietileno e tipo monofilamento en cores alternas verde e oliva, para maior realismo de 1.3 mm de anchura do fío e un espesor de 360 micras (±10%) e 6 fíos por puntada. O backing será de polipropileno selado con látex e con peso total de 1240 g/m2

(±10%).

A marcaxe do campo de futbol once será de cor branca e as de futbol sete de cor azul, das mesmas características que o céspede do campo. As bandas de marcaxe, serán brancas de 10 cm para o campo de futbol once e azuis de 7,5-10 cm para os campos de futbol sete.

EQUIPAMENTO DEPORTIVO MODERNO E VERSÁTIL

Proxéctase a subministración e colocación dun xogo de porterías fixas para futbol once, de 7,32×2,44 m, fabricadas en aluminio extrusionado, dotadas no seu parte traseira de dobre canle para a fixación dos arquillos e ganchos fabricados en poliamida para as redes, que serán de nylon. Tamén se contempla a instalación de dous xogos de porterías para futbol sete que poderán ser abatibles ou móbiles, neste caso de forma consensuada co promotor da obra, as dimensións destas porterías serán de 6,00×2,00 m compostas por marco de portería fabricada en aluminio extrusionado e un sistema de abatemento formado por brazos telescópicos e dous postes traseiros como puntos de xiro, mesmo ganchos de poliamida e redes de nylon. A cimentación destas porterías realizarase antes das instalacións do céspede.

Colocaranse bancos para xogadores suplentes para oito prazas como mínimo, de catro metros de lonxitude mínima, con estrutura metálica e metacrilato transparente ou traslúcido, banco en P.R.F.B e apoyapiés.

Prevese tamén a instalación dun marcador electrónico para futbol senior e un xogo de catro picas de córner regulamentarias en plástico con banderines, móbiles de 1.50 m de altura, con soporte de caucho flexible, para ancoraxe ao chan.

Por último e dadas a característica do campo proxectado, contémplase a instalación dunhas redes de nylon ou polipropileno nos fondos do campo, estímase unha lonxitude en cada fondo de 40 m e unha altura de seis m cos seus correspondentes postes de sustentación en aceiro galvanizado, o cable, grillete e demais serán en aceiro inox para evitar as oxidaciones destes elementos.

Recomendados