O Concello de Portas solidarízase coa campaña contra a Endometriose que se desenvolve ata o 14 de marzo, Día Mundial desta enfermidade, facéndose eco deste problema de saúde para contribuír e afondar na súa visibilidade.

En Galicia son máis de 62.000 as mulleres afectadas. O obxectivo desta campaña é fomentar a visibilidade, a investigación e máis especialistas nesta enfermidade.

As Unidades de Endometriosis atendidas por un especialista atópanse nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña polo que tamén é imprescindible fomentar a visibilidade e a conciencia social sobre esta enfermidade no ámbito rural.

Esta enfermidade afecta a moitos órganos e afecta moi negativamente á calidade de vida de quen a padece. Toda axuda é importante.

Recomendados