A choiva concedeulle unha tregua aos veciños e veciñas de Lantaño (Portas) para que poideran honrar a San Pedro Mártir concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes, á que acudiron o alcalde, Ricardo Martínez, e varios membros do equipo de goberno, así como a Banda de Música Unión de Lantaño.
Unha vez rematada a Misa Solemne, a procesión partiu desde a Capela de San Pedro Mártir, aproveitando que a choiva escampara, para que os veciños foran ocupando os seus postos nas ringleiras para acompañar ás imaxes do santo, o Nazareno e a Virxe das Dores no percorrido desde o cruceiro do Culebrón ata o de Paredes onde os devotos deron a volta acompañados pola Banda de Música Unión de Lantaño ata concluir de novo fronte ao templo relixioso.
Tras finalizar a procesión, a Banda de Música Unión de Lantaño amenizou a xornada cun concerto con pezas moi coñecidas do seu habitual repertorio que os membros desta agrupación musical interpretaron á perfeccion. A continuación, e como marca a tradición, os asistentes compartiron un aperitivo a base de empanada e polbo á feira que correu por conta do Concello, tal e como se recolle no acordo de cesión da Capela que obriga á autoridade municipal a homenaxear a San Pedro Mártir cunha misa e unha festa na honra do Santo para toda a veciñanza.
UNHA CAPELA DE PROPIEDADE MUNICIPAL
Así, esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.