O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, inauguraron este sábado 5 de outubro, o novo campo de fútbol de céspede artificial de Portas, que contou cun investimento de case 280.000 euros por parte deste organismo.
A obra consistiu na construción dun campo de fútbol de céspede artificial nunha parcela na que se atopaba un vello campo de fútbol de terra en desuso. Para executar o proxecto, foi necesario preparar e nivelar o terreo antes de proceder a instalación do céspede artificial e dos sistemas de rego e drenaxe correspondentes. A actuación completouse coa dotación de tres xogos de porterías, un de fútbol 11 e dous de fútbol 7; dous bancos para xogadores cubertos e redes de nylon detrás das porterías. O orzamento ascendeu a un total de 286.558 euros, dos que a Deputación achegou 277.647 euros con cargo ao Plan Concellos 2022-2023.