
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil dos concellos de Moraña, Portas e Valga, María del Carmen Vidal, visitaron aos oito alumnos e ao experto docente que están levando a cabo o acondicionamento interior dunha vivenda municipal na Estación de Portas dentro do proceso formativo do módulo de albanelería.
Esta actuación, cando as condicións metereolóxicas o permiten, esta sendo combinada coa de mellora do peche do Campo de Fútbol Municipal da Rapeira, no cal se están levando a cabo limpezas e pintado interior como exterior.
As primeiras actuacións destes 8 alumnos centráronse en demolicións de alicatado, de tabique, retirada de sanitarios e levantamento de retirada de mobiliario de cociña e existente nas outras dependencias da vivenda. Están realizando tamén o levantamento de tabique novo para unha distribución dun baño accesible con armazón para porta corredoira.
SANEAMENTO DE PAREDES, ELECTRICIDADE E FONTANERÍA
Asemade os alumnos realizan o saneamento das paredes das demais dependencias da vivienda, alisando a pintura existente e preparandoa para a realización de instalacións de electricidade e fontanería. Tamén están ampliando todas as portas da vivienda tanto a exterior como as interiores dándolle así accesibilidade á mesma.
O alcalde de Portas, Ricardo Martinez, valorou moi positivamente os resultados da posta en marcha deste Obradoiro de Emprego Xuvenil dos concellos de Moraña, Portas e Valga e salientou o alto grao de autonomía que presentan os alumnos unha vez pasada unha formación inicial teórica e de prácticas.
O Obradoiro deu comezo o pasado 14 de outubro e ten unha duración de un ano e participan 16 mozos e mozas desempregados de ata 30 anos de idade. Esta convocatoria está cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.


