
O Concello de Portas, en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, organiza actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria, coa finalidade de conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. Con estas actividades preténdese traballar a igualdade de xénero, analizar mensaxes relacionados cos roles de xénero, o amor romántico, o control, a violencia simbólica, etc.
Estas actividades, que terán lugar o 24 de novembro, realízanse ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.




