O alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada, acaba de regresar de Bulgaria onde participou na cidade de Nikopol nun irmandamento de municipios europeos, convidado pola Unión Europea dentro do programa “Project Europe for citizens. The citizes of Europe to build a better future”.

Portas formou parte da delegación española que, xunto a outros once países, acudiu a este encontro de irmandamento europeo promovido pola UE e na que o alcalde Ricardo Martínez tivo a oportunidade de dirixirse ao público presente e ás autoridades búlgaras, así como aos representantes dos outros concellos eurpeos, para promocionar os atractivos turísticos do municipio, vencellado ao Camiño de Santiago, e tamén o enoturismo e a cultura do viño, moi aprezada e valorada no resto de Europa.

Ricardo Martínez participou en varios grupos de traballo especialmente orientados á promoción turística e á viticultura, como os dous elementos máis salientables e de interese para Portas neste primeiro encontro europeo no que participa o municipio, representando a España. Tamén asinou un protocolo de boa veciñanza europea e de irmandamento cos pobos de Europa.

UN IRMANDAMENTO PARA IR CONSTRUÍNDO A EUROPA SOCIAL

Segundo manifestou Ricardo Martínez, “este irmandamento promovido pola Unión Europea está especialmente pensado para ir, pouco a pouco, promocionando unha maior integración entre os municipios europeos e para sementar a cultura da colaboración, o coñecemento mutuo, a solidariedade e tamén a promoción turística e económica dos distintos espazos europeos para incentivar a interrelación e a construción dunha Europa cunha visión un tanto máis social e non so económica, que tamén é interesante”, indicou o alcalde de Portas.

Nikopol é unha cidade do norte de Bulgaria, pertencente á provincia de Pleven, na marxe dereita do río Danubio a uns 4 quilómetros río abaixo da desembocadura do río Osam. Esténdese ao pé de cantís empinados ao longo do Danubio e dun estreito val. Ten unha poboación que ronda os 4.000 habitantes e está conformada por un crisol de culturas onde conviven cristiáns ortodoxos, otomanos e musulmáns. Bulgaria ingresou na Unión Europea no ano 2007, pero, de feito, aínda conserva a súa moeda nacional, o “Lev” búlgaro ou a “Leva”. Está previsto que adopte o euro en xaneiro do 2024.

Despois desta experiencia, está aberta a porta a participación do municipio e máis iniciativas europeas que teñan como protagonistas a Portas e tamén aos seus veciños e veciñas xa que durante esta visita o alcalde, Ricardo Martínez, avanzou coas autoridades europeas en máis programas e iniciativas que poden redundar dun xeito activo na promoción turística e social de Portas co apoio e a financiación da Unión Europea.

O ALCALDE DE PORTAS PARTICIPAN EN NIKOPOL (BULGARIA) NUN IRMANDAMENTO DE MUNICIPIOS EUROPEOS

Ricardo Martínez asinou un protocolo de boa veciñanza europea e e aproveitou a ocasión para promocionar os atractivos turísticos do municipio, vencellado ao Camiño de Santiago e á viticultura

Portas, 10 de outubro de 2022

Recomendados