
A Excma. Deputación de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Portas unha subvención por importe de 4.523,65 euros para financiar o “PROGRAMA DE APODERAMENTO FEMININO PARA MULLERES DO CONCELLO DE PORTAS”. Con esta axuda os servizos municipais poderán desenvolver as ferramentas necesarias para continuar desenvolvendo accións e actuacións en materia de igualdade no Concello de Portas.





