O Concello de Portas é beneficiario da convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá durante os anos 2024, 2025 e 2026.

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e ten como obxectivo principal promover a autonomía persoal dos menores de 0 a 6 anos que presentan trastornos no seu desenvolvemento.

A través deste apoio refórzanse os recursos destinados á atención temperá, contribuíndo a ofrecer unha resposta adecuada ás necesidades dos nenos e nenas e das súas familias durante unha etapa fundamental do seu desenvolvemento.

O resultado que se pretende acadar é favorecer a inclusión social e garantir a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas, facilitando unha atención especializada e próxima.

O Concello de Portas reafirma así o seu compromiso coa prestación de servizos que contribúan ao benestar da infancia, á atención ás familias e á creación dunha sociedade máis inclusiva e con maiores oportunidades para todas as persoas.

Recomendados