O Concello de Portas, en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, organiza tres obradoiros co alumando de 5º de primaria, 6º de primaria e 1º ESO, coa finalidade de conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero,  promovendo unha reflexión crítica sobre as distintas manifestacións da violencia machista, prestando especial atención a aquelas formas de desigualdade, discriminación e control que poden pasar desapercibidas ou estar normalizadas na vida cotián, nas relacións interpersoais e nos contornos dixitais.

Estas actividades realízanse ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.

Recomendados