PORTAS ACOLLE O DOMINGO 22 DE MAIO NA RAPEIRA UNHA NOVA EDICIÓN DO “MERCADO DAS PULGAS” CON ARTIGOS DE SEGUNDA MAN

Portas acolle na Rapeira unha nova edición do Mercado das Pulgas, un mercadillo de artigos de segunda man que estarán a disposición do público este domingo 22 de maio na Rapeira, no espazo existente entre a Casa da Cultura e o Centro de Saúde.

Aquelas persoas que estean interesadas en poñer un posto, poderán facelo de xeito gratuíto respectando os espazos e presentando artigos que encaixen perfectamente no espírito deste mercadillo de segunda man que dá a posibilidade de que moitos artigos consigan unha nova oportunidade de ser utilizados.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZAS PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE TEMPO DE LECER DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL “O VERÁN QUE QUERES CONTAR”

Permanece aberto o prazo ata o 26 de maio para inscribirse nas actividades de tempo de lecer da Consellería de Política Social “O Verán que queres contar”.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Para máis información consultar a seguinte ligazón: http://xuventude.xunta.es

O CONCELLO DE PORTAS CONMEMOROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CO ESPECTÁCULO DO GRUPO GALLAECIA, INCLUIDO NO MUSIGAL 2022 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O Concello de Portas conmemorou o Día das Letras Galegas coa posta en escena do Auditorio da Azucreira do espectáculo do grupo “Gallaecia”, incluido dentro do programa Musigal 2022 subvencionado pola Deputación.

O numeroso público asistente gozou da música e da maxia dos artistas José Manuel López “Josele” e Marina Vidal, que combinaron a súas voces coa participación da Banda de Música Unión de Lantaño, o Grupo de Baile Tradicional Punteirolo e a Banda de Gaitas de Forcarei, nunha fermosa xornada na que se honrou ao noso idioma e ás nosas letras.

A actuación do grupo Gallaecia, enmarcase dentro do programa de concertos “Musigal 2022” que patrocina a Deputación Provincial, e que puxo en marcha o Concello de Portas para homenaxear á nosa cultura polo Día das Letras Galegas.

O CONCELLO DE PORTAS, EN COLABORACIÓN DO CEIP DOMINGO FONTÁN, LEVARÁ A CABO UNHAS CHARLAS FORMATIVAS EN EDUCACIÓN SEXUAL

O Concello de Portas, en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, vai levar a cabo unhas charlas formativas en educación sexual co alumnado de 3º e 4º da ESO, coa finalidade de traballar a prevención da violencia sexual, reforzar e ampliar valores igualitarios e unha educación afectivo-sexual dende un abordaxe integral (aspectos fisiolóxicos e afectivos- emocionais).

Dita actividade realízase ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

O CONCELLO DE PORTAS BENEFÍCIASE DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ FINANCIADO A TRAVÉS DO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-20 DA UNIÓN EUROPEA

Servizo de Atención Temperá

Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

“O FSE inviste no teu futuro”

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Barro

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

O CONCELLO DE PORTAS CONMEMORARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO DE “GALLAECIA” NO AUDITORIO DA AZUCREIRA O MARTES 17 DE MAIO

O Concello de Portas conmemorará o Día das Letras Galegas cun concerto protagonizado por “Gallaecia” que terá lugar o vindeiro martes 17 de maio a partir das 18 horas no Auditorio da Azucreira de Portas.

A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo e este espectáculo chega ata o concello de Portas coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa “Musigal”.

O CONCELLO DE PORTAS ABRE O PRAZO ESTE LUNS PARA QUE OS MOZOS E MOZAS ENTRE 16 E 30 ANOS POIDAN RETIRAR AS ENTRADAS NOMINATIVAS GRATUÍTAS PARA O “PORTAMÉRICA”

O Concello de Portas abre o prazo a partir deste luns día 9 de maio e ata o venres 20 de maio para que os mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 30 anos e que estean empadroados no municipio que queiran asistir gratuítamente ao Festival “PortAmérica” poidan retirar as súas entradas nominativas nas oficinas municipais.

As entradas serán nominativas, persoais, individuais e intransferibles polo que os interesados en beneficiarse do acordo entre o Concello de Portas e a organización do “PortAmérica” deberán persoarse co seu DNI nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, para que se poida comprobar a súa identidade, a súa idade e que está realmente empadroado no municipio para poder retirar a entrada gratuítamente.

O tramo de idades dos beneficiarios reflicte os mesmos do carné xove, coa salvedade que se parte dos dezaseis anos, xa que  para poder acceder ao recinto, o poderán facer sen a necesidade de ir acompañados dun adulto, aínda que non se lles servirán bebidas alcohólicas, e precisarán dunha autorización do seu responsable legal.

“PORTAMÉRICA”, UN ACONTECEMENTE MOI ESPERADO POLA MOCIDADE

O equipo de goberno ten detectado o grande interese amosado pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica” polo que fará un esforzo económico para que as mozas e mozos do municipio desfruten do festival musical. Deste xeito pretenden compensalos, polo seu exemplar comportamento cívico durante estes dous longos anos de pandemia, e así  poidan asistir ao festival, totalmente gratis.

PORTAS ACOMETE A RENOVACIÓN E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA VARIOS ALUMEADOS PÚBLICOS A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS 2020

A Deputación de Pontevedra, subvencionou ao Concello de Portas parte desta obra, cunha axuda de 40.901,71 euros, que permite acometer a renovación e adaptación ao regulamento de eficiencia enerxética varios alumenados públicos a través do Plan Concellos 2020.

Actuouse nun total de 425 puntos de luz de 1864 existentes, sustituíndo as actuais luminarias provistas con lámparas de vapor de sodio de alta presión, vapor de mercurio y haloxenuro metálico por luminarias LED máis eficientes e actuando sobre 14 dos 98 cadros de mando, para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación, búscase conseguir un aforro enerxético estimado do 69,95%.

VILAMARIACHI, MARIETA DS E O DÚO TAMA PUXERON O BROCHE MUSICAL ÁS CELEBRACIÓNS NA HONRA DE SAN PEDRO MÁRTIR NA PARROQUIA DE LANTAÑO

Vilamariachi, Marieta DS e o Dúo Tama foron os encargados de pechar por todo o alto as celebracións na honra de San Pedro Mártir na que participaron activamente os veciños e veciñas de Lantaño que, despois do parón obrigado pola pandemia, asistiron á procesión e bailaron ao son destes grandes artistas.

O Concello de Portas agradece a colaboración veciñal, especialmente á Asociación Candelas de Mondoiro que aportou o Dúo Tama á festa, e felicita aos artistas pola súa actuación que contribuiu a que, pouco a pouco, se vaian recuperando as nosas tradicións e tamén o noso xeito de vivir.

O ano que vén, máis e mellor…