Publicadas as bases para a contratación de 3 titores ou titoras e unha ou un administrativo para o Programa Integhrado de Emprego no que participan os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Moraña e Portas. Os interesados en participar no proceso selectivo poden consultar as bases que están engadidas nesta publicación:
O CONCELLO FAI EFECTIVA A CANCELACIÓN DUN PRÉSTAMO DO 2012 CO BANCO SANTANDER GRAZAS Á SÚA SOLVENCIA ECONÓMICA E AO REMANENTE DE TESOURERÍA DO PASADO EXERCIZO
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, deu a orde de efectuar o abono dos 110.884,45 euros que quebaban pendentes de pagar dun crédito que o Concello mantiña co Banco Santander desde o ano 2012 e que fora subscrito por un importe total duns 591.000 euros. Esta operación de cancelación de crédito lévase a cabo grazas a estabilidade orzamentaria e á solvencia económica do Concello de Portas que permitiu rematar as contas do ano 2020 cun remanente de tesourería de 485.400,41 euros. Deste xeito o Concello de Portas libera nos orzamentos municipais, para o ano 2022, uns 73.000 euros que estaba deste xeito comprometidos para atender a amortización deste crédito subscrito pola Corporación Municipal do ano 2012 por importe total de 591.000 euros e que íase pagando anualmente desde as arcas municipais. O QUE SE PAGABA POLO CRÉDITO DESTINARASE A GASTO SOCIAL E Á MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS Segundo o alcalde, Ricardo Martínez, “a solvencia e estabilidade económica levada a cabo polo equipo de goberno actual permítenos saldar agora esta débeda co remanente de tesourería de preto de medio millón de euros e libéranos do compromiso orzamentario deses 73.000 euros anuais que empregábamos en pagar o crédito. Agora eses cartos poderemos destinalos a atender cuestións de índole social e a mellorar infraestruturas municipais, moi necesarias e que nos permitirán mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Portas”. Ricardo Martínez defendeu o modelo de xestión económica do equipo de goberno actual “que nos permite atender en tempo e forma a tódolos provedores ao tempo que podemos concurrir ás subvencións doutras institucións o que facilita que o Concello de Portas poida seguir ampliando os servizos e a atención municipal aos veciños e veciñas do noso municipio. Pretendemos utilizar dun xeito máis eficaz e eficiente os recursos económicos do Concello para non gastar máis do que temos e os cartos dos que dispoñemos usalos con cabeza e con sentidiño para sacarlle o máximo rendemento sen hipotecar o presente nin o futuro do noso Concello”, concluíu o alcalde de Portas. |
O CONCELLO DE PORTAS LEVA A CABO UNHA MELLORA E REMODELACIÓN TECNOLÓXICA INTEGRAL DA ETAP DE ROMAI CUN INVESTIMENTO DE 47.297,58 EUROS
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, inspeccionou o remate dos traballos de mellora e remodelación tecnolóxica integral na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Romai, Portas e Lantaño nos que o Concello investiu uns 47.297,58 euros grazas a unha axuda da Xunta a través do organismo autónomo Augas de Galicia cofinanciada a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Esta actuación permitirá que a ETAP alongue a súa vida útil e mellor substancialmente as súas prestación xa que se levaron a cabo labores de substitución das electroválvulas da liña de filtrado, as bombas dosificadoras de reactivos e o panel de cloro. Ademais, substituíuse o material granular dos filtros de area e do filtro de carbón activo. En canto á filtración por area de sílice realízase a través de dous depósitos (doble etapa) de aceiro inoxidable recheos, cada un deles, con 5.000 quilos de area cunha granulometría de 0,4-0,8 mm. sobre unha capa de granulometría de 1-2 mm. A filtración por carbono activo está constituída por un depósito de aceiro inoxidable recheo de 2.750 quilos deste material. Tamén, debido ao ambiente corrosivo interior por cloro, dispúxose un sistema de ventilación forzada a través da colocación dun extractor de aire coa súa conseguinte rexilla exterior de porotección. Finalmente, reprogramáronse as horas de funcionamento da planta e instalouse un sistema de telexestión da mesma de última xeración. Todo iso redundará nun máis que notable aforro enerxético respecto a a instalación actual e permitirá que o seu funcionamento sexa máis eficaz e eficiente garantindo en todo momento a salubridade da auga que se subministra ás vivendas beneficiarias desta ETAP en Romai, Portas e Lantaño. Esta actuación en profundidade realízase a consecuencia do estado de desgaste polo uso da propia ETAP e ante a necesidade de dotar de nova tecnoloxía máis eficaz e eficiente a esta instalación de vital importancia para manter a salubridade da auga que se subministra á poboación a través da rede municipal. Deste xeito, mellóranse as características xerais da ETAP e facilítase o proceso de potabilización da auga que trata. |

O Concello informa da apertura do prazo para solicitar a participación no programa Termalismo social IMSERSO 2022
O Concello de Portas acaba de editar un Bando no que se informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo Social IMSERSO 2022. O prazo de presentación de solicitudes establécese ata o 31 de decembro de 2021 para as quendas dos meses de febreiro a agosto e ata o 15 de maio de 2022 para as quendas dos meses de setembro a decembro.
BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarios deste programa a seguintes persoas:
-Pensionistas do sistema da Seguridade Social de xubilación ou invalidez.
-Pensionistas de viudedade cando se teñan 55 anos de idade ou máis.
-Pensionistas por outros conceptos con 60 anos de idade ou máis.
-Asegurados ou beneficiarios do sistema da Seguridade Social española con 65 anos de idade ou máis.
-Valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infectocontaxiosa.
-Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicacións médicas para a recepción dos mesmos.
A documentación que deben presentar é o DNI do solicitande e do cónxuxe.
Para máis información, dirixirse ás oficinas municipais ou chamar ao teléfono 986 53 61 61.
O CONCELLO DE PORTAS CONMEMORA O 25-N, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, CUN ACTO REIVINDICATIVO CO ALUMNADO DO COLEXIO “DOMINGO FONTÁN”
O Concello de Portas, a través do Departamento de Servizos Sociais, levou a cabo un acto reivindicativo por mor do 25-N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, no Colexio Domingo Fontán no que participou o seu alumnado e varios mestres así como o alcalde, Ricardo Martínez, e as concelleiras Chus Fontán e Ana María Peña.
O acto principal, incluído nas actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, consistiu no trazado dun lazo reivindicativo en memoria das vítimas feito por alumnos e alumnas de 6º de Primaria con zapatos vermellos. Durante a conmemoración do 25-N procedeuse a dar lectura a un manifesto de repulsa contra a violencia machista, contra os esteriotipos sexistas e a favor da protección social das vítimas e contra a violencia vicaria.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE PORTAS POR MOR DO 25-N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Co motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello de Portas, en representación de toda a cidadanía, mostra a súa total repulsa por todas e cada unha das
manifestacións da violencia machista.
Todos e todas sabemos que a violencia contras as mulleres afástanos dos principios xurídicos básicos da igualdade e xustiza social, impedindo o desenvolvemento das liberdades máis elementais.
A pesares de existir unha maior conciencia por parte da sociedade ante esta problemática, somos conscientes de que aínda persisten roles e estereotipos sexistas que, instalados na vida diaria, perpetúan a desigualdade de xénero.
Por iso, dende o Concello de Portas, queremos poñer o foco de atención na comunidade educativa, tendo presente que a prevención é a principal ferramenta para anticiparse a calquera tipo de manifestación.
Así, por unha banda, a campaña “A igualdade a cada paso” levada a cabo no CPI Domingo Fontán pretende representar de forma metafórica o camiño a percorrer para acadar a igualdade de oportunidades e o rexeitamento de calquera forma de violencia contra as mulleres. Pasos que se entrelazan para visibilizar a necesidade de unirse a favor da igualdade, coa finalidade de sementar camiños de xustiza, liberdade e igualdade.
Por outra banda, hoxe tamén é un bo momento para denunciar e romper o silencio. Por iso o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, convócanos a reflexionar sobre o camiño que aínda queda por percorrer para acadar os nosos obxectivos: o dereito das mulleres a vivir sen violencia e a plena igualdade real de oportunidades.
Nesta liña, o Concello de Portas comprométese:
- A realizar un traballo coordinado entre todos os axentes implicados, para articular os dispositivos de atención e reparación que garanten a recuperación integral das vítimas da violencia machista.
- A reforzar os esforzos para a implementación de políticas integrais contra a violencia de xénero, deseñadas dende a defensa dos dereitos das mulleres, e dirixidos a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- A promover iniciativas sensibilizadoras dirixidas a toda a cidadanía, impulsando a acción colectiva para a denuncia pública.
- A seguir a traballar dende a prevención, empregando a ferramenta da coeducación, para a construción dun modelo igualitario entre mulleres e homes dende a primeira infancia.


SE ESTÁS INTERESAD@ EN PARTICIPAR NO V PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO PONTE EN CONTACTO CO CONCELLO DE PORTAS E INFÓRMATE
Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, van a poñer en marcha o seo V Programa Integrado de Emprego.
Este programa esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.
Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.
As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa.
Dentro das accións previstas vanse a levar a cabo diferentes cursos, así como practicas en empresas da comarca. Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 7€/día pola súa asistencia as diferentes
actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.
Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos:
Portas: 986536925.
Cuntis: 986548708 ou 986532579.
Caldas: 986530814.
Barro: 986714806.
Moraña: 986553005.
PORTAS PARTICIPA NUN OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA DESTINADO AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O próximo martes 30 de novembro ás 18:00h realizarase a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas un Obradoiro de PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA, destinado ás familias do alumnado de Educación Primaria (o 14 de decembro realizarase un Obradoiro semellante destinado ás familias do alumnado da ESO).
Con este Obradoiro preténdese complementar as actividades preventivas que nos últimos anos se veñen realizando no ámbito escolar co obxectivo de previr os riscos e o abuso das novas tecnoloxías na xuventude, seguindo así, as directrices marcadas polo Pan Nacional sobre drogas e polo Plan autonómico de drogodependencias e condutas adictivas de Galicia. Nos que se lle da cada vez máis protagonismo ás intervencións preventivas relacionadas coas novas tecnoloxías, destinadas fundamentalmente ao ámbito escolar e familiar.
Por mor das circunstancias xeradas pola COVID-19, e para facilitar a coordinación coas familias dos cinco concellos o obradoiro será virtual, utilizando a plataforma Zoom, Sala de Reunión 657 806 3555 (ID).
Acceso picando a seguinte ligazón:
(Necesario ter descargada a aplicación Zoom no dispositivo dende o que se acceda ao Obradoiro (móbil, Tablet, ordenador…))
PORTAS, UN DOS CONCELLOS INCLUÍDOS NOS PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO PARA FOMENTAR INICIATIVAS LABORAIS
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis Lopez, anunciou esta mañá en Cuntis que a Consellería de Emprego e Igualdade vai activar dúas novas iniciativas laborais coa concesión de senllos Programas Integrados de Emprego (PIE) a prol da Mancomunidade do Salnés e dos Concellos de Cuntis, Moraña, Portas, Caldas de Reis e Barro para favorecer a inserción cun investimento de 500.000 euros.
O representante autonómico informou destes dous novos PIE para as comarcas arousana e do Ulla-Umia, que mellorarán a empregabilidade de 200 persoas desempregadas, nunha visita ao Centro de Formación Ocupacional A Ran de Cuntis xunto ao alcalde anfitrión, Manuel Campos, e os rexedores dos outros catro concellos beneficiarios.
“Dende a Xunta de Galicia estamos a despregar unha intensa actividade en torno ao emprego e a formación en toda a provincia, xa que é un dos eixos principais da nosa acción de goberno xunto á sanidade e a educación. Por iso, e con estes novos Programas Integrados de Emprego, teremos activadas preto de 70 iniciativas, entre as que se inclúen seis obradoiros e 61 cursos AFD, orientadas a mellorar as opcións de traballo de máis de 1.200 persoas desempregadas nas bisbarras do Salnés e Caldas”, detallou o representante autonómico.
O PIE outorgado aos concellos do Ulla-Umia baixo a dirección de Cuntis, que chega á súa quinta edición e se recupera tras o celebrado no período 2019-2020, conta cun investimento de 250.000 euros financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e agarda alcanzar unha inserción laboral de alomenos o 40% entre os seus cen participantes. O seu inicio será inmediato e consistirá en itinerarios curriculares, cursos de formación, mellora das habilidades profesionais e outras medidas laborais durante un período de doce meses ao tempo que contará coa colaboración de 58 empresas da contorna.
Pola súa banda, o novo Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés, que dá continuidade ao clausurado polo propio delegado territorial hai apenas dúas semanas, tamén contará cun investimento da Xunta de 250.000 euros e ten un obxectivo de inserción do 45%. Para elo, os cen participantes, que recibirán unha preparación similar á da iniciativa do Umia, contarán co apoio, tamén, de 58 firmas da súa zona.
“Tanto a Mancomunidade do Salnés como os concellos do Umia teñen un forte compromiso coa empregabilidade, levan anos de traxectoria contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito cos seus programas integrados, xa que a agrupación do Salnés alcanzou un 91% de inserción na súa derradeira edición e a iniciativa dirixida por Cuntis roldou o 60%, polo que dende a Xunta consideramos importante manter esta liña de colaboración polo seu bo traballo”, concluíu.
FERNANDO SALGADO E JUAN OTERO PRESENTAN ESTE SÁBADO NO CENTRO CULTURAL XOSEFINA FIGUEIRA, EN ROMAI, O LIBRO “PAPEL DE ESTRAZA”
O libro do xornalista Fernando Salgado e Juan Otero será presentado nun acto que terá lugar este sábado 20 de novembro, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Xosefina Figueira, en Romai.
Estes son os comentarios feitos sobre o libro por xornalista da comarca do Salnés nos seus respectivos medios de comunicación:
FÁTIMA FRIEIRO (Diario de Arousa):
“Unha obra que supón unha viaxe no tempo e unha reivindicación da memoria histórica ben entendida (…) É unha lectura obrigatoria para todos os que busquen coñecer a historia da Illa ou os que queiran entender algunhas das claves máis importantes na vida desta localidade pegada ao mar e ás súas xentes”.
SERXIO GONZÁLEZ (La Voz de Galicia):
“Abondará con citar o labor dos mestres e a súa concepción da educación como factor emancipador dos pobres e deposuídos; o papel protagonista da muller, dotada de autonomía e salario de seu polo desenvolvemento da industria conserveira, malia todos os seus desequilibrios. E a sorte funesta que correron os protagonistas daquel gobernó fuxidío. Dous foron condenados a morrer fusilados. Outros dous estiveron agochados ata que no 39 foros presos. Oito desapareceron nas cunetas do franquismo”. DIEGO DOVAL (Faro de Vigo):
“También se hace referencia a la creación, por parte del pósito hace ahora un siglo, a la creación de una escuela para alfabetizar al mayor número de personas (…) Precisamente uno de aquellos profesores, Víctor Trabazo, fue el que propuso el cambio de nombre del club de fútbol Titanic al actual Céltiga, que era el título de la revista cultural que tenían los gallegos en Buenos Aires por aquel entonces”. BELÉN LÓPEZ (Diario de Pontevedra):
“O ensino, o cine, o fútbol… todo aparece en ‘Papel de estraza’ (…). Un libro non convencional de memoria histórica. O contexto social éo todo neste traballo. Así o explica no prólogo Xosé Álvarez: quedará como un referente imprescindible para coñecer a historia da Illa de Arousa e arredores na primeira metade do seculo XX”.