O PROFESOR JOSÉ MANUEL FARIÑA REIVINDICOU A INCLUSIÓN DA FIGURA DE DOMINGO FONTÁN NO PROXECTO CURRICULAR DO ENSINO EN GALICIA, NO 236º ANIVERSARIO DE SEU NACEMENTO

José Manuel Fariña Jamardo, profesor de Historia da Arte do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, reivindicou a necesidade de incluir no proxecto curricular do ensino en Galicia a figura do insigne cartógrafo e matemático Domingo Fontán na lectura do pregón que pronunciou na Casa da Cultura con motivo da homenaxe que a Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas rendiron ao insigne xeógrafo no 236º aniversario do seu nacemento no lugar da Porta do Conde.

Fariña Jamardo foi recibido na Casa de Cultura da Porta do Conde polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez; as concelleiras Ana Peña e Chus Fontán; a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez, e membros do Grupo de Gaitas deste recoñecido colectivo cultural.

Durante a súa intervención ante o numeroso público que enchía o salón de actos da Casa de Cultura, Fariña Jamardo confesou sentirse atraído desde sempre pola figura deste ilustrado do século XIX e sostivo que era moi necesario para a Galicia actual e as xeracións futuras coñecer o alcance do pensamento e a obra de Domingo Fontán como unha das figuras máis poliédricas na historia da nosa Comunidade Autónoma e cuxos restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, xunto a persoeiros tan senlleiros como Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Castelao e Francisco Asorei.

No transcurso da súa alocución foi diseccionando e introducindo ao público na vida e obra dun home único, adiantado ao seu tempo e que despois de 17 anos de medicións e percorrido por todo o territorio galego foi quen de debuxar a primeira Carta Xeométrica de Galicia, deseñar as principais vías de comunicación da Comunidade Autónoma e mesmo proxectar a primeira liña de ferrocarril en Galicia entre Carril e Santiago de Compostela.

A continuación, Juan Manuel Fariña, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, emprenderon a marcha desde a Casa da Cultura ata o monumento dedicado a Domingo Fontán para depositar unha coroa de flores diante da efíxe pétrea do insigne cartógrafo e matemático. A ese acto sumouse a presidenta da Asociación, Concha Méndez, quen foi a encargada de facer a ofrenda floral xunto a súa filla e ao alcalde.

Finalmente, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas interpretou o himno de Galicia na honra do insigne ilustrado para dar por concluída a homenaxe tributada polo pobo de Portas que mantén vivo na súa memoria ao matemático, político e cartógrafo.

A CHOIVA DÁ UNHA TREGUA Á VECIÑANZA DE LANTAÑO PARA QUE POIDA SAÍR EN PROCESIÓN PARA HONRAR A SAN PEDRO MÁRTIR

A choiva concedeulle unha tregua aos veciños e veciñas de Lantaño (Portas) para que poideran honrar a San Pedro Mártir concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes, á que acudiron o alcalde, Ricardo Martínez, e varios membros do equipo de goberno, así como a Banda de Música Unión de Lantaño.

Unha vez rematada a Misa Solemne, a procesión partiu desde a Capela de San Pedro Mártir, aproveitando que a choiva escampara, para que os veciños foran ocupando os seus postos nas ringleiras para acompañar ás imaxes do santo, o Nazareno e a Virxe das Dores no percorrido desde o cruceiro do Culebrón ata o de Paredes onde os devotos deron a volta acompañados pola Banda de Música Unión de Lantaño ata concluir de novo fronte ao templo relixioso.

Tras finalizar a procesión,  a Banda de Música Unión de Lantaño amenizou a xornada cun concerto con pezas moi coñecidas do seu habitual repertorio que os membros desta agrupación musical interpretaron á perfeccion. A continuación, e como marca a tradición, os asistentes compartiron un aperitivo a base de empanada e polbo á feira que correu por conta do Concello, tal e como se recolle no acordo de cesión da Capela que obriga á autoridade municipal a homenaxear a San Pedro Mártir cunha misa e unha festa na honra do Santo para toda a veciñanza.

UNHA CAPELA DE PROPIEDADE MUNICIPAL

Así, esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.

A veciñanza de Portas volve a homenaxear a Domingo Fontán este domingo 28 de abril ás 12 coa lectura dun pregón a cargo do profesor José Manuel Fariña e cunha ofrenda floral

O Concello de Portas conmemora o 236º aniversario do nacemento de Domingo Fontán este domingo 28 de abril ás 12 do mediodía na Casa de Cultura da Porta do Conde coa lectura dun pregón a cargo de José Manuel Fariña, profesor de Historia da Arte no IES Aquis Celenis e unha ofrenda floral no monumento ao xeógrafo e ilustrado galego. Para rematar o acto, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas interpretará o himno galego.

A DEPUTADA ISABEL COUSELO E O ALCALDE DE PORTAS SUPERVISAN AS OBRAS NA EP-8004 CUN INVESTIMENTO DUN MILLÓN DE EUROS

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Portas o estado de execución das obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros. Na súa visita, percorreu xunto co alcalde, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a desenvolver as obras de renovación do firme e de mellora da seguridade viaria.

As obras contemplan a reparación da estrada, mediante a execución de saneos e fresado da capa de rodadura existente. Ademais, estase a proceder a aplicar un tratamento superficial e a repoñer o firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.Tamén contemplan a execución de pasos de peóns sobreelevados e a reposición de sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público e de mellorar a seguridade viaria.

O CONCELLO DE PORTAS RECIBE UNHA AXUDA DE AGADER A TRAVÉS DO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024 COFINANCIADO POLO FEDER NO MARCO DA PAC 2023-27

O 20 de xuño de 2023 a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, logo da instrución do procedemento nos termos legal e regulamentariamente establecidos, concedeu unha axuda a este Concello, no marco da Resolución do 28 de febreiro de 2023, para a concesión directa das axudas correspondentes ao Plan de mellora de Camiños rurais 23-24, cofinanciado con Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, en réxime de concorrencia non competitiva, por importe de 54.200,37€ (53.660,30€ para a a obra e 540,07€ para o control de calidade).

A obra executada consistiron en traballos de Mellora de Camiño en Fontenla-Cachadas (Lantaño), destacando a axuda financeira da Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.

PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DAS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO EXCEPCIONAL PARA ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica a lista provisional das persoas admitidas e excluídas da oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal do Concello de Portas.

Rematado o prazo de presentación de instancias de participación no proceso selectivo da oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal do Concello de Portas, por Decreto da Alcaldía 2024-0055, de data 19 de febreiro de 2024, aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, de acordo co previsto nas bases xerais e específicas da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 249 de 30 de decembro de 2022, procédese á sua publicación.

LIGAZÓN COA PUBLICACIÓN DO BOPPO:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/28/2024011469

O CONCELLO DE PORTAS PREPARA UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO-DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Portas en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, realizará varias actividades dirixidas ao alumnado de infantil e de primaria no mes de marzo, ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

As actividades propostas están enfocadas a favorecer mecanismos de concienciación, sensibilización e igualdade de oportunidades.

CONCELLO DE PORTAS

O CONCELLO DE PORTAS, O CPI DOMINGO FONTÁN E AS ESCOLAS INFANTÍS DE ROMAI E LANTAÑO REALIZARÁN VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 25-N

O Concello de Portas, en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán e coas EEI de Romay e Lantaño, organiza varias actividades para traballar a resolución de conflitos, autoestima e prevención das relacións tóxicas co alumnado da ESO e a igualdade a través de contacontos para o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria, coa finalidade de conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Estas actividades realízanse ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.

CONCELLO DE PORTAS

* Actividade financiada con cargo ós créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero

LISTADO DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO, GRUPO C, SUBGRUPO C-1

Visto o Decreto de Alcaldía 2023-0250 do 13/07/2023, polo que se aprobou a convocatoria e as BASES REGULADORAS PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO, GRUPO C, SUBGRUPO C-1.

Visto o anuncio publicado no BOPPO nº 146 do 31 de xullo de 2023.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade co establecido no artigo 21.1.h), da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos.

SEGUNDO.- De acordo co disposto na cláusula 6 das Bases da convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dous (3) días hábiles, para poder emendar as omisións ou corrixir, no seu caso o defecto que motivou a exclusión.

TERCEIRO.- Publicar a presente resolución na sede electrónica http://portas.sedelectronica.gal do Concello de Portas e na súa páxina web, https://www.portas.gal.

CONSULTA AQUÍ A RESOLUCIÓN:

O XANTAR DA 3ª IDADE DE PORTAS CUMPRE CON ÉXITO DE PARTICIPACIÓN A SÚA 30ª EDICIÓN CON 350 COMENSAIS PROVINTES DAS CATRO PARROQUIAS

O Xantar da Terceira Idade organizado polo Concello de Portas celebrou a súa 30ª edición con gran éxito de participación con máis de 350 comensais que se deron cita no pavillón municipal de deportes nun acto que contou coa presenza do alcalde, Ricardo Martínez, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez e membros da Corporación Municipal entre os que estaban a concelleiras Chus Fontán, Ana Peña e Alfonso Vázquez.

En torno ás 12:30 horas, do mediodía, a Banda de Música de Lantaño foi a encargada de abrir o evento e de ir entretendo ás persoas que ían chegando para asistir á misa de campaña oficiada, ás 13 horas, polo cura párroco D. Román quen ensalzou a celebración do Día da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, e tamén se referiu ao Día da Hispanidade.

Posteriormente, a Banda de Música de Lantaño ofreceu un concerto que serviu de entretemento para as persoa que se foron achegando para poder entrar no pavillón municipal de deportes, lugar habilitado e especialmente decorado para a ocasión e dar acubillo a este Xantar da Terceira Idade.

30 ANOS DUN EVENTO QUE SIRVE DE LUGAR DE ENCONTRO

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, foron os encargados de darlle a benvida oficial aos comensais e agradecerlles a súa presenza neste acto de confraternidade e reecontro veciñal que se afianza como un dos eventos máis entrañables polo concurrido que resulta e pola participación de residentes en todas e cada unha das catro parroquias que compoñen o municipio.

Ricardo Martínez lembrou e honrou aos pioneiros en organizar este encontro, que acada a súa 30ª edición, e sinalou que se convertera nunha festa na que o principal motivo é o reencontro veciñal e a homenaxe aos nosos maiores que son “un exemplo vital da cultura do esforzo e do sacrificio. Grazas a eles somos o que somos e seguimos avanzando”, indicou o alcalde.

A sobremesa completouse cunha gran queimada realizada por Ramón e a animación musical a cargo do Dúo Marema, unha agrupación moi coñecida na comarca que se caracteriza pola súa empatía co público e a súa diversión.