O CONCELLO DE PORTAS ORGANIZA UN OBRADOIRO GRATUÍTO DE RISOTERAPIA DIRIXIDO Á POBOACIÓN MAIOR DE 50 ANOS

Ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, o Concello de Portas organiza un obradoiro gratuito de risoterapia dirixido á poboación maior de 50 anos.

A finalidade da actividade é fomentar unha actitude positiva e estimulante para unha maior calidade de vida, sanar enfermidades da mente e do corpo, combatir o estrés e ansiedade, vencer fobias, medos, etc.

O obradoiro levarase a cabo os días 18 e 20 de abril na Casa de Cultura, en horario de 18:00 a 20:00.

Prazo de inscrición: ata o 14 de abril.

Teléfono: 662 62 03 97

CONCELLO DE PORTAS

PORTAS CELEBROU O SEU ENTROIDO CON GRAN ASISTENCIA DE PÚBLICO E UN DESFILE CON 26 GRUPOS E COMPARSAS, 7 PARELLAS E 12 DISFRACES INDIVIDUAIS

O concello de Portas pechou onte 12 de marzo o entroido 2023 cun concurrido desfile de público que contou coa presenza de 26 grupos e comparsas, 7 parellas e 12 disfraces individuais.

O desfile foi seguido por numeroso público que cos seus aplausos foi animando o discorrer dos participantes que aproveitaron o bo tempo para facer alarde da súa orixinalidade e bo humor.

O final do desfile estivo na Azucreira de Portas, lugar escollido pola organización para facer a entrega de premios nas distintas categorías.

Moitísimas GRAZAS a tódolos participantes e a tódolos asistentes como público que se achegaron ata o noso concello para disfrutar dunha tarde chea de disfraces, música e diversión.

O CONCELLO DE PORTAS INVERTIRÁ 286.558,10 EUROS EN ACONDICIONAR O CAMPO DE FÚTBOL DE ROMAI E DOTALO DE HERBA SINTÉTICA PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DEPORTIVA

O Concello de Portas destinará un total de 286.558,10 euros a acondicionar o campo de fútbol de Romai e dotalo de herba sintética para fomentar a práctica deportiva, especialmente do fútbol base. Esta actuación conta cunha axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 277.647,23 euros mentras que a administración local terá que aportar de fondos propios un total de 8.910,87 euros.

O obxecto deste investimento será dotar ao concello dun novo campo de fútbol en Romai cunhas instalacións modernas e apropiadas para fomentar a práctica do deporte base, especialmente o fútbol así como poñer a disposición da veciñanza en xeral un espazo axeitado para poder levar adiante calquera actividade deportiva.

O Concello prevé que se poida executar nun prazo máximo de 4 meses unha vez finalizado o procedemento de contratación pública e que a empresa adxudicataria dos traballos teña cumprimentada toda a documentación necesaria para acometer a obra.

O novo campo disporá de herba artificial cunhas dimensións de 101×56 m. e previamente á súa construciónn levarase a cabo un refórmulo topográfico no que se terán en conta para as cotas de remate, todas as instalacións previstas e a estrutura do firme.

Regularizarase a base existente, realizando unha inspección da superficie, comprobando onde a planimetría puidese necesitar algunha actuación para evitar zonas de depresións e deterioradas. No caso de atoparse con estes inconvenientes, actuarase para liquidalos.

Instalarase unha herba artificial de 60 mm de altura (±5%) e 13 puntadas por decímetro lineal e 15600 Dtex, 8189 puntadas por metro cadrado (±10%). A fibra será de polietileno e tipo monofilamento en cores alternas verde e oliva, para maior realismo de 1.3 mm de anchura do fío e un espesor de 360 micras (±10%) e 6 fíos por puntada. O backing será de polipropileno selado con látex e con peso total de 1240 g/m2

(±10%).

A marcaxe do campo de futbol once será de cor branca e as de futbol sete de cor azul, das mesmas características que o céspede do campo. As bandas de marcaxe, serán brancas de 10 cm para o campo de futbol once e azuis de 7,5-10 cm para os campos de futbol sete.

EQUIPAMENTO DEPORTIVO MODERNO E VERSÁTIL

Proxéctase a subministración e colocación dun xogo de porterías fixas para futbol once, de 7,32×2,44 m, fabricadas en aluminio extrusionado, dotadas no seu parte traseira de dobre canle para a fixación dos arquillos e ganchos fabricados en poliamida para as redes, que serán de nylon. Tamén se contempla a instalación de dous xogos de porterías para futbol sete que poderán ser abatibles ou móbiles, neste caso de forma consensuada co promotor da obra, as dimensións destas porterías serán de 6,00×2,00 m compostas por marco de portería fabricada en aluminio extrusionado e un sistema de abatemento formado por brazos telescópicos e dous postes traseiros como puntos de xiro, mesmo ganchos de poliamida e redes de nylon. A cimentación destas porterías realizarase antes das instalacións do céspede.

Colocaranse bancos para xogadores suplentes para oito prazas como mínimo, de catro metros de lonxitude mínima, con estrutura metálica e metacrilato transparente ou traslúcido, banco en P.R.F.B e apoyapiés.

Prevese tamén a instalación dun marcador electrónico para futbol senior e un xogo de catro picas de córner regulamentarias en plástico con banderines, móbiles de 1.50 m de altura, con soporte de caucho flexible, para ancoraxe ao chan.

Por último e dadas a característica do campo proxectado, contémplase a instalación dunhas redes de nylon ou polipropileno nos fondos do campo, estímase unha lonxitude en cada fondo de 40 m e unha altura de seis m cos seus correspondentes postes de sustentación en aceiro galvanizado, o cable, grillete e demais serán en aceiro inox para evitar as oxidaciones destes elementos.

O CONCELLO DE PORTAS SOLIDARÍZASE COAS AFECTADAS POLA ENDOMETROSE E CONTRIBÚE A VISIBILIZAR ESE PROBLEMA SANITARIO QUE AFECTA A 62.000 MULLERES EN GALICIA

O Concello de Portas solidarízase coa campaña contra a Endometriose que se desenvolve ata o 14 de marzo, Día Mundial desta enfermidade, facéndose eco deste problema de saúde para contribuír e afondar na súa visibilidade.

En Galicia son máis de 62.000 as mulleres afectadas. O obxectivo desta campaña é fomentar a visibilidade, a investigación e máis especialistas nesta enfermidade.

As Unidades de Endometriosis atendidas por un especialista atópanse nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña polo que tamén é imprescindible fomentar a visibilidade e a conciencia social sobre esta enfermidade no ámbito rural.

Esta enfermidade afecta a moitos órganos e afecta moi negativamente á calidade de vida de quen a padece. Toda axuda é importante.

O CONCELLO DE PORTAS CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER COA EDICIÓN DUN CARTEL REIVINDICATIVO DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O Concello de Portas conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller con diversas accións reivindicativas da posta en marcha de políticas de igualdade e contra a violencia de xénero a través da edición dun cartel especialmente deseñado para visibilizar nesta xornada tan sinalada a loita feminina por rachar o teito de cristal e erradicar roles e compartamentos machistas.

Así, o Concello de Portas, en colaboración coa Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero está a levar acabo proxectos que teñen como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, en concreto, para a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres e erradicación dos esteriotipos machistas.

O CONCELLO DE PORTAS CONMEMORA O 8-M CON VARIOS ACTOS EN COLABORACIÓN CO COLEXIO DOMINGO FONTÁN E AS ESCOLAS DE ROMAI E LANTAÑO

Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Portas en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán e as E.E.I. de Romai e Lantaño, levará a cabo varias actividades dirixidas ao alumnado de infantil e de primaria ao longo do mes de marzo, ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

As actividades propostas teñen a finalidade de ofrecer ao alumnado ferramentas que permitan adquirir valores e aprendizaxes de comportamento fundamentadas na equidade de xénero:

  • Contacontos “O meu corpo é meu”
  • Charlas de intervención socioeducativa sobre empoderamento feminino e igualdade de xénero.

CONCELLO DE PORTAS