A Aula Universitaria da Uned en Portas acolle o “V Campus Inglés na Contorna” que se desenrolará ata o 23 de xullo e no que participará unha trintena de alumnos e alumnas que recibirán de xeito intensivo unha inmersión lingüística harmonizada con actividades lúdicas.
Estes mozos e mozas aprenderán a dominar técnicas de comprensión e comunicación en inglés de tal xeito de que se perda o medo para falar nun idioma extranxeiro. O alumno gañará en confianza para desenvolverse dunha maneira natural e descubriá dun xeito lúdico e divertido a súa contorna máis próxima, utilizando o inglés como ferramenta de comunicación durante toda a actividade.
Outro dos obxectivos deste campus intensivo será ampliar as relacións sociais e humanas, coñecer as bases de traballo en equipo e a responsabilidade individual nas tarefas comúns nun ambiente enriquecedor.
Tamén se pretende facilitar, a través das distintas actividades deportivas e culturais, un amplo caudal de posibilidades enriquecedoras para a súa personalidade, gozar de novas formas e boa utilización do tempo de lecer a través da práctica de actividades físicas saudables e a utilización de xeito habitual das tecnoloxías da información e da comunicación.
O alcalde, Ricardo Martínez, amosou a súa satisfación porque o concello de Portas volva acoller este tipo de campus formativo e lúdico e puso de relevo a importancia que o coñecemento doutras culturas e idiomas ten para o desenvolvemento futuro das novas xeracións.