
O Concello de Portas acaba de publicar as bases que regulan o procedemento selectivo para a contratación laboral, na modalidade de contrato formativo, co fin de adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción no mercado laboral. Neste caso a praza será para un contrato formativo dun titulado no grao de Dirección e Xestión Pública a través do PROGRAMA +EMPREGA 2025.
O contrato terá unha duración inicial de 6 meses, prorrogable ata o máximo dun ano, a xornada completa, e co 70% das retribucións mensuais de acordo ao convenio colectivo do Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Pontevedra (BOPPO 47 – 10/03/2024) coas correspondentes táboas salariais, complementado ata o correspondente SMI, dun/ha TITULADO/A NO GRAO DE DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA.
BASES:




