A Deputación de Pontevedra avanza na redacción do proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8101 Portas-Romai entre o punto quilométrico 0+000 e o 3+350. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a estrada provincial para analizar os terreos que son necesarios para levar a cabo a actuación e incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que xa está a redactar o servizo provincial de Infraestruturas.
En liñas xerais, Couselo e Martínez realizaron un percorrido pola estrada provincial e estudaron as diferentes alternativas para avanzar na construción dunha vía máis segura para o tránsito peonil. Deste xeito, tal e como avanzaron, está previsto que o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai incorpore a creación dunha senda peonil.
O proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai, tal e como recordou a deputada Isabel Couselo, trátase dunha das principais demandas e prioridades trasladadas polo alcalde de Portas en canto ás estradas provinciais que atravesan a vila.
A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Portas unha subvención por importe de 5.719,13€, para financias o proxecto “CAMIÑANDO XUNT@S 2024”, que se desenvolve entre o 1 de xullo ata o 31 de agosto con actividades dirixidas aos rapaces e rapazas ente 3 e 14 anos e que favorecen, entre outras, a conciliación laboral e familiar ao tempo que os participantes reciben dun xeito lúdico información para eliminar comportamentos sexistas. Ademais coñecen iniciativas para favorecer a igualdade.
Acábanse de publicas as bases que rexirán os procesos de selección do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña, Portas, Valga” así como dos alumnos-traballadores participantes no debandito obradoiro.
No caso do persoal directivo, docente e de apoio contempla as prazas de Dirección, experto/a docente en albanalería, expoerto/a docente en Forestal e Administrativo. Tamén se convocan 8 prazas de alumnos-traballadores para a especialidade de Forestal (AGAR0309, AGAR0208 nivel 1) e Albanelería (EOCB0209/E0CB0208, EOCB0108 nivel 1). BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “XÓVENES MORAÑA, PORTAS, VALGA”:
ANUNCIO DE LISTAXE DEFINITIVO DO PROCESO DE SELECCION DO PERSOAL DIRECTIVO, EXPERTOS DOCENTES E ADMINISTRATIVO DO OBRADOIRO DE EMPREGO XOVENES MORAÑA-PORTAS-VALGA I:
A Excma. Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Portas ao amparo do financiamiento das Axudas básicas de Emerxencia 2024 unha achega de 7.000 euros en concepto de “Gasto Corrente” e 2.300 euros en concepto de “Investimento”.
O Concello de Portas abre, desde o 27 de maio ao 7 de xuño o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa de conciliación familiar e laboral “Camiñando Xunt@s” que se desenvolverá durante este verán. Estará destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos (escolarizados/as no curso 2023/24).
O número máximo de prazas é de 60 no mes de xullo e de 35 no de agosto, con prioridade para os empadroados no concello de Portas.
A lista de admitidos coñecerase o 12 de xuño e o prazo de matrícula será do 13 de xuño ao 19 do mesmo mes.
O prezo por quincena é de 40 euros, 35 euros quincena 2 irmáns e 30 euros quincena, familia numerosa.
Os horarios de “Camiñando Xunt@s” será de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas no CPI Domingo Fontán.
O Concello de Portas pon en marcha unha serie de actividades para mulleres maiores de idade para fomentar o autocoidado entre os veciños e veciñas nas que se poderán practicar pilates, ioga, danza terapéutica e control de respiración.
ACTIVIDADES DE AUTOCOIDADO
O Concello de Portas organiza un total de 8 sesións de auto coidado.
As sesións progamadas centránse nos autocoidados persoais das mulleres de Portas (pilates, ioga, danza terapéutica e control de respiración).
A metodoloxía será activa realizando diversas dinámicas, activas e participativas.
Poboación: mulleres maiores de idade do Concello de Portas
Horario: Martes e Xoves de 10:30-11:30
Lugar: Pavillón Municipal
Prazo de inscrición: 13 de maio ao 24 de maio.
Teléfono: 662 620 397 (Rosa)
Estas actividades realízanse ao abeiro das medidas sinaladas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
José Manuel Fariña Jamardo, profesor de Historia da Arte do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, reivindicou a necesidade de incluir no proxecto curricular do ensino en Galicia a figura do insigne cartógrafo e matemático Domingo Fontán na lectura do pregón que pronunciou na Casa da Cultura con motivo da homenaxe que a Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas rendiron ao insigne xeógrafo no 236º aniversario do seu nacemento no lugar da Porta do Conde.
Fariña Jamardo foi recibido na Casa de Cultura da Porta do Conde polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez; as concelleiras Ana Peña e Chus Fontán; a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez, e membros do Grupo de Gaitas deste recoñecido colectivo cultural.
Durante a súa intervención ante o numeroso público que enchía o salón de actos da Casa de Cultura, Fariña Jamardo confesou sentirse atraído desde sempre pola figura deste ilustrado do século XIX e sostivo que era moi necesario para a Galicia actual e as xeracións futuras coñecer o alcance do pensamento e a obra de Domingo Fontán como unha das figuras máis poliédricas na historia da nosa Comunidade Autónoma e cuxos restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, xunto a persoeiros tan senlleiros como Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Castelao e Francisco Asorei.
No transcurso da súa alocución foi diseccionando e introducindo ao público na vida e obra dun home único, adiantado ao seu tempo e que despois de 17 anos de medicións e percorrido por todo o territorio galego foi quen de debuxar a primeira Carta Xeométrica de Galicia, deseñar as principais vías de comunicación da Comunidade Autónoma e mesmo proxectar a primeira liña de ferrocarril en Galicia entre Carril e Santiago de Compostela.
A continuación, Juan Manuel Fariña, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, emprenderon a marcha desde a Casa da Cultura ata o monumento dedicado a Domingo Fontán para depositar unha coroa de flores diante da efíxe pétrea do insigne cartógrafo e matemático. A ese acto sumouse a presidenta da Asociación, Concha Méndez, quen foi a encargada de facer a ofrenda floral xunto a súa filla e ao alcalde.
Finalmente, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas interpretou o himno de Galicia na honra do insigne ilustrado para dar por concluída a homenaxe tributada polo pobo de Portas que mantén vivo na súa memoria ao matemático, político e cartógrafo.
A choiva concedeulle unha tregua aos veciños e veciñas de Lantaño (Portas) para que poideran honrar a San Pedro Mártir concurrida procesión entre os cruceiros do Culebrón e de Paredes, á que acudiron o alcalde, Ricardo Martínez, e varios membros do equipo de goberno, así como a Banda de Música Unión de Lantaño.
Unha vez rematada a Misa Solemne, a procesión partiu desde a Capela de San Pedro Mártir, aproveitando que a choiva escampara, para que os veciños foran ocupando os seus postos nas ringleiras para acompañar ás imaxes do santo, o Nazareno e a Virxe das Dores no percorrido desde o cruceiro do Culebrón ata o de Paredes onde os devotos deron a volta acompañados pola Banda de Música Unión de Lantaño ata concluir de novo fronte ao templo relixioso.
Tras finalizar a procesión, a Banda de Música Unión de Lantaño amenizou a xornada cun concerto con pezas moi coñecidas do seu habitual repertorio que os membros desta agrupación musical interpretaron á perfeccion. A continuación, e como marca a tradición, os asistentes compartiron un aperitivo a base de empanada e polbo á feira que correu por conta do Concello, tal e como se recolle no acordo de cesión da Capela que obriga á autoridade municipal a homenaxear a San Pedro Mártir cunha misa e unha festa na honra do Santo para toda a veciñanza.
UNHA CAPELA DE PROPIEDADE MUNICIPAL
Así, esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.
O Concello de Portas conmemora o 236º aniversario do nacemento de Domingo Fontán este domingo 28 de abril ás 12 do mediodía na Casa de Cultura da Porta do Conde coa lectura dun pregón a cargo de José Manuel Fariña, profesor de Historia da Arte no IES Aquis Celenis e unha ofrenda floral no monumento ao xeógrafo e ilustrado galego. Para rematar o acto, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas interpretará o himno galego.
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Portas o estado de execución das obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros. Na súa visita, percorreu xunto co alcalde, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a desenvolver as obras de renovación do firme e de mellora da seguridade viaria.
As obras contemplan a reparación da estrada, mediante a execución de saneos e fresado da capa de rodadura existente. Ademais, estase a proceder a aplicar un tratamento superficial e a repoñer o firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.Tamén contemplan a execución de pasos de peóns sobreelevados e a reposición de sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público e de mellorar a seguridade viaria.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duration
Description
cookielawinfo-checbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.