As Escolas Unitarias do concello de Portas manteñen aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro 20 de marzo. Aquelas persoas que queiran matricular aos seus fillos deberán dirixirse e inscribir aos alumnos ás Escolas Unitarias de Lantaño o de Romai. Tamén poden informarse nos seguintes números de teléfono: 673 619 767, no caso de Lantaño e ao número 679 054 560 no caso de Romai.
Nas Escolas Unitarias de Lantaño e Romai impúlsanse as seguintes facetas educativas:
PROXECTOS LECTOESCRITURA E MATES DESDE UN ENFOQUE CONSTRUTIVISTA CULTURA TRADICIONAL EXPERIMENTOS DE CIENCIAS BIBLIOTECA ESCOLAR INGLÉS. PIZARRA DIXITAL EDUCACIÓN EMOCIONAL DESDE E PARA A CALMA. FILOSOFÍA PARA NEN@S. MUSICA, PSICOMOTRICIDADE, DRAMATIZACIÓN. HÁBITOS SAUDABLES. ARTE
ACTIVIDADES NA NATUREZA IMPORTANCIA DO XOGO OBRADOIRO DE COCIÑA SAIDAS
O Concello de Portas xa ten instalado e en marcha o PUNTO LIMPO MÓBIL en Romai (Xagobe-Vilavedra, á altura do Bar “O Rincón”). Con anterioridade este servizo mancomunado cos concellos de Moraña e Campo Lameiro xa estivo ubicado en Briallos. Estará posto á disposición da veciñanza en Romai ata o luns 28, que pasará para Lantaño (á altura de “Casa Marisa”). QUE SE PODE DEPOSITAR NO PUNTO LIMPO MÓBIL? Papel. Vidro. Toner e cartuchos de impresora. Aerosois. Envases de pinturas e vernices. Lámpadas e tubo fluorescentes. Pequenos electrodomésticos. Pilas e baterías de electrodomésticos.
O Concello de Portas celebrará o entroido deste ano, o vindeiro domingo 13 de marzo, cunha serie de actividades que terán como protagonistas á musica de Susana Seivane, as murgas dos do Val do Lérez e actividades lúdicas para os máis pequenos da casa.Así a partir das 16:00 h no recinto da Azucreira haberá a disposición dos cativos inchables e obradoiros para nenos e nenas. A partir das 19:00 horas actuará a gaiteira Susana Seivane, que vén a Portas a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, e pechará a xornada o humor e a boa música da murga “Os do Val do Lérez”.Este ano de “nova normalidade” impón cambiar o tradicional formato de concurso de disfraces e desfile, que por maior seguridade adoptouse a decisión de celebrar o entroido en Portas cun novo modelo presidido pola música, o humor e as actividades para os cativos onde a diversión está garantida.
O Concello de Portas informa da apertura do prazo para anotarse ao programa Depoaventura a Lanzada, campamento de verán 2022, que se extende ata o 15 de marzo. Poderán participar rapaces nados entre o 2009 e o 2014 con domicilio en Portas (5 prazas asignadas pola Deputación de Pontevedra) para poder participar nalgunha das 11 quendas de sete días cada unha. Os campamentos terán lugar entre o 26 de xuño e o 10 de setembro de 2022 cun prezo de 110 euros por neno ou nena ou 80 euros en caso de familias numerosas.
O vindeiro venres 4 de marzo Lantaño honra ao Nazareno (Cristo das tres grazas) na capela de San Pedro Mártir que permanecerá aberta desde as 9:30 horas da mañá ata as 20:30 horas da tarde. Ás 18 horas comezará o tradicional rezo do Santo Rosario. Aquelas persoas que desexen visitar a Capela ou participar no rezo do Santo Rosario deberá seguir en todo momento as recomendacións sanitarias previstas para este tipo de actos e nos recintos relixiosos destas características.
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de impulsar a eficiencia enerxética e a iluminación sostible nos edificios municipais do Concello de Portas cunha achega de 29.329 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA).
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta mañá, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, esta actuación, consistente na implantación dunha instalación fotovoltaica nas cubertas da casa consistorial, o centro de saúde e a biblioteca municipal para o autoconsumo enerxético destes inmobles.
O proxecto impulsouse por parte do Concello de Portas posto que os gastos eléctricos derivados dos edificios municipais eran bastante considerables, polo que precisaba dun sistema de xeración alternativo, que encaixa á perfección no financiamento do FCA, para diminuír estes custos. A iniciativa complementouse coa colocación, na contorna da Rapeira, dun punto interactivo táctil sobre esta instalación solar e outras cuestións das enerxías renovables orientado á concienciación cidadá.
Deste xeito, o Concello de Portas segue a mellorar as súas infraestruturas e servizos municipais ao abeiro das distintas ordes da Dirección Xeral de Administración Local, que xa lle reportou máis de 430.000 euros nos últimos anos.
“A cooperación cos concellos é clave na acción de goberno da Xunta e, no caso do Fondo de Compensación Ambiental, ten unha gran importancia para fomentar actuacións de sostibilidade como a desenvolvida en Portas, xa que permitirá reducir a factura enerxética municipal, incrementar as accións de conservación do medio ambiente e minguar a pegada de carbono”, sinalou o representante autonómico.
Así mesmo, o delegado territorial tamén informou de que o prazo de solicitude do FCA 2022, na súa liña competitiva, permanece aberto ata o vindeiro 25 de febreiro co obxectivo de colaborar cos concellos en accións de protección medioambiental e busca da eficiencia para os servizos municipais. Esta orde, xunto coa liña non competitiva para os municipios que acollen parques eólicos e que se determina segundo a cifra de aeroxeneradores, conta este ano cun orzamento de 11,3 millóns de euros.
Entre as actuacións que se poden acoller ás axudas do FCA, figuran campañas divulgativas de carácter ambiental, accións de eficiencia enerxética en alumeado público ou dependencias municipais, adquisición de equipamentos eficientes e vehículos eco ou de cero emisións e actuacións que corrixan deterioros ambientais ou impulsen melloras de integración paisaxística.
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, visitaron esta mañá á estrada provincial EP-8101 Portas-Romai na que a Deputación investirá na mellora da súa seguridade viaria un total de 609.950 euros. Renovarase prácticamente a totalidade do firme da estrada, de 4.082 metros de lonxitude. As actuacións, que terán un prazo de execución de seis meses.
Tralas actuacións, a EP-8101 verá adaptadas as súas beirarrúas, ampliándose a da marxe dereita no seu treito final para dotar á marquesiña de autobús existente dunha adecuada zona de espera conectada a un itinerario peonil. Tamén se executará un muro de sostemento da estrada e realizarse unha zona de estacionamento na que os distintos espazos estarán claramente definidos. Así, evitarse o estacionamento de vehículos nas inmediacións de pasos de peóns e peoas e cruces á vez que se mellora a visibilidade.
Para completar as obras, en dúas zonas da EP-8101 instalaranse separadores de carril cada cinco metros que permitirán definir correctamente o espazo para o tráfico peonil nesas zonas. O proxecto comprenderá ademais a implantación de redutores físicos de velocidade e de pasos sobreelevados para mellorar a seguridade viaria das e dos usuarios da máis vulnerables desta estrada provincial. Na mesma liña, replanificarase a sinalización vertical dos límites de velocidade e renovarase a sinalización horizontal.
A reforestación de PORTAMÉRICA finalmente terá lugar o sábado 12 de febreiro ás 11:00 da mañá no Outeiro Grande, en terreos da Comunidade de Montes de Lantaño. Plantaranse 300 pés de 8 especies diferentes de árbores que servirán para compensar as emisións de CO2 xeradas durante a realización do festival, de franxa de protección fronte a incendios e incrementarán a biodiversidade da zona. Ao mesmo tempo, ao ser algunhas delas, especies de froito, poderán ter un aproveitamento sostible por parte da fauna e os veciños do municipio.
Alí recibirás todo o equipo e instrucións necesarias para participar na reforestación.
O recinto da emblemática Azucreira de Portas convertirase este domingo 13 de febreiro no escenario onde se disputará o Campionato Provincial de Campo a Través correspondente ao programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia que foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez.
Un total de 627 participantes pertencentes a 25 entidades diferentes participarán nesta proba nas diferentes categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. Despois de dous anos de parón debido á pandemia, volve a celebrarse esta competición que estará marcada polo establecido no protocolo FISICOVID.
Faranse saídas por quendas dun máximo de 20 participantes exceptuando na categoría cadete na que haberá unha saída feminina e outra masculina.
As probas comezarán as 10:15 horas coa carreira cadete feminina rematando as 12:30 horas coa carreira benxamín masculina. As distancias serán de 2.300 m. para os cadetes; 1.800 m. para infantís; 1.300 m para alevíns e de 800 m. para benxamíns.
En xogo estará a clasificación para o Campionato Galego que se celebrará o domingo próximo na localidade lucense de Lourenzá. Os dous mellores equipos e os dez mellores individuais de cada categoría e sexo obterán a clasificación para participar na final autonómica.
O mércores 5 de xaneiro a partir das 15:00h as Súas Maxestades Os Reis Magos, percorrerán as parroquias do Concello de Portas facendo o percorrido que se achega e tendo en conta as seguintes condicións:
Este Percorrido elaborouse de forma pormenorizada, tendo en conta o tipo de vehiculos participantes e a tipoloxía das rúas polas que discorre.
Os Horarios son aproximados, dependendo do fluído da circulación e da climatoloxía.
Será obligatorio o uso da máscara e manter a distancia de seguridade.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duration
Description
cookielawinfo-checbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.