O CONCELLO DE PORTAS CONTRATARÁ UN TÉCNICO/A SUPERIOR EN ADMINSTRACIÓN E FINANZAS A TRAVÉS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN +EMPREGA NOS CONCELLOS

O alcalde do Concello de Portas, Ricardo Martínez, promulgou un bando no que se informa de que o Concello de Portas é beneficiario do Programa +Emprego nos concellos da Deputación de Pontevedra e que ten por finalidade financiar contratos formativos.

No caso do Concello de Portas vaise contratar un TÉCNICO/A SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS a través da correspondente oferta no Servizo Público de Emprego. O código CNO no que se debe estar inscrito é o 36131039.

CO APOIO DO CONCELLO E A DEPUTACIÓN, FADEAL IMPARTIRÁ UNHA SESIÓN FORMATIVA GRATUÍTA NA CASA DA CULTURA DO PROXECTO ALZHEIMER DE PRETO

O día martes 22 outubro de 16-20horas, AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias do Salnés) vai impartir na Casa da Cultura do Concello de Portas unha sesión informativa sobre Alzheimer e outras demencias, dirixida principalmente a coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá así como a calquera persoa interesada na temática.

As demencias teñen unha alta prevalencia (estímase que afectan ao 31,25% das persoas que superan os 85 anos), especialmente en Galicia, cunha poboación altamente envellecida. Ademais, o contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece a enfermidade, senón tamén a todo o núcleo familiar.

Por este motivo ponse a disposición das persoas afectadas esta formación gratuíta, que será impartida por unha psicóloga e unha traballadora social especializadas na temática. O obxectivo é formar, orientar e axudar a persoas que se atopen nesta situación, achegando coñecementos e recursos para poder afrontar mellor a enfermidade e mellorar  a calidade de vida da persoa con demencia e da súa familia. 

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O ALCALDE DE PORTAS INAUGURAN O CAMPO DE FÚTBOL DE ROMAI NO QUE SE INVESTIRON 280.000 EUROS

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, inauguraron este sábado 5 de outubro, o novo campo de fútbol de céspede artificial de Portas, que contou cun investimento de case 280.000 euros por parte deste organismo.

A obra consistiu na construción dun campo de fútbol de céspede artificial nunha parcela na que se atopaba un vello campo de fútbol de terra en desuso. Para executar o proxecto, foi necesario preparar e nivelar o terreo antes de proceder a instalación do céspede artificial e dos sistemas de rego e drenaxe correspondentes. A actuación completouse coa dotación de tres xogos de porterías, un de fútbol 11 e dous de fútbol 7; dous bancos para xogadores cubertos e redes de nylon detrás das porterías. O orzamento ascendeu a un total de 286.558 euros, dos que a Deputación achegou 277.647 euros con cargo ao Plan Concellos 2022-2023.

O CONCELLO INFORMA A TRAVÉS DUN BANDO DE QUE SE VAN COLOCAR ESTACAS NAS PARCELAS AFECTADAS POLA MELLORA DA ESTRADA EP-8101 ENTRE PORTAS E ROMAI

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, acaba de facer público un bando no que se informa á veciñanza de que a partir do vindeiro luns 16 de setembro de 2024, vaise proceder á instalación de estacas nas parcelas que se van ver afectadas polo ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP 8101 Portas-Romai, entre o punto quilométrico 0+000 e o 3+350, coa finalidade de mellorar a mobilidade peonil nesta estrada, coa creación dunha senda, incrementando así a seguridade viaria neste tramo.

Por elo, rógase que non se proceda a súa retirada, e poder comprobar así as zonas a ocupar.

Esta alcaldía, ten intención de contactar con cada un dos propietarios en vindeiras datas.

O que se fai público para xeral coñecemento da veciñanza.

SUPERVISORES DE SEAGA VISITARÁN AS PARROQUIAS DE PORTAS, ROMAI, LANTAÑO E BRIALLOS PARA REVISAR A XESTIÓN DA BIOMASA NAS FAIXAS SECUNDARIAS

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, acaba de facer público un bando no que se informa á veciñanza de que a partir do vindeiro luns 16 de setembro de 2024, en virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias vaise iniciar, por parte dos supervisores de Seaga, nas parroquias de Portas, Romai, Lantaño e Briallos, a xestión da biomasa nas faixas secundarias establecidas no Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais do Concello.

Naqueles casos que xa foran notificados e non se procedera a súa limpeza, iniciarase o expediente sancionador correspondente.

AVANZA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-8101 ENTRE PORTAS E ROMAI QUE PREPARA A DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra avanza na redacción do proxecto de ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-8101 Portas-Romai entre o punto quilométrico 0+000 e  o 3+350. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visitou co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, a estrada provincial para analizar os terreos que son necesarios para levar a cabo a actuación e incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que xa está a redactar o servizo provincial de Infraestruturas.

En liñas xerais, Couselo e Martínez realizaron un percorrido pola estrada provincial e estudaron as diferentes alternativas para avanzar na construción dunha vía máis segura para o tránsito peonil. Deste xeito, tal e como avanzaron, está previsto que o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai incorpore a creación dunha senda peonil.

O proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-8101 Portas-Romai, tal e como recordou a deputada Isabel Couselo, trátase dunha das principais demandas e prioridades trasladadas polo alcalde de Portas en canto ás estradas provinciais que atravesan a vila.

A DEPUTACIÓN CONCEDE A PORTAS UNHA SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ANO 2024

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Portas unha subvención por importe de 5.719,13€, para financias o proxecto “CAMIÑANDO XUNT@S 2024”, que se desenvolve entre o 1 de xullo ata o 31 de agosto con actividades dirixidas aos rapaces e rapazas ente 3 e 14 anos e que favorecen, entre outras, a conciliación laboral e familiar ao tempo que os participantes reciben dun xeito lúdico información para eliminar comportamentos sexistas. Ademais coñecen iniciativas para favorecer a igualdade.

PUBLICADAS AS BASES DE SELECCIÓN DE PERSOAL DIRECTIVO E ALUMNOS-TRABALLADORES PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO “XÓVENES MORAÑA, PORTAS, VALGA”

Acábanse de publicas as bases que rexirán os procesos de selección do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña, Portas, Valga” así como dos alumnos-traballadores participantes no debandito obradoiro.

No caso do persoal directivo, docente e de apoio contempla as prazas de Dirección, experto/a docente en albanalería, expoerto/a docente en Forestal e Administrativo. Tamén se convocan 8 prazas de alumnos-traballadores para a especialidade de Forestal (AGAR0309, AGAR0208 nivel 1) e Albanelería (EOCB0209/E0CB0208, EOCB0108 nivel 1).

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “XÓVENES MORAÑA, PORTAS, VALGA”:


BASES DO PROCESO SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO “XOVENES MORAÑA, PORTAS, VALGA”:




 CONVOCATORIA DE ENTREVISTAS DE ALUMNADO-TRABALLADORES:




 CONVOCATORIA DE ENTREVISTAS DO PERSOAL DE DIRECCION, EXPERTOS DOCENTES E ADMINISTRATIVO:




 ANUNCIO DE LISTAXE DEFINITIVO DO PROCESO DE SELECCION DO PERSOAL DIRECTIVO, EXPERTOS DOCENTES E ADMINISTRATIVO DO OBRADOIRO DE EMPREGO XOVENES MORAÑA-PORTAS-VALGA I:

 OBRADOIRO DE EMPREGO XÓVENES MORAÑA-PORTAS-VALGA ISELECCION ALUMNADO-TRABALLADORES (LISTAXE DEFINITIVO):

O LUNS 27 DE MAIO ÁBRESE O PRAZO PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE VERÁN DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “CAMIÑANDO XUNT@S”

O Concello de Portas abre, desde o 27 de maio ao 7 de xuño o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa de conciliación familiar e laboral “Camiñando Xunt@s” que se desenvolverá durante este verán. Estará destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos (escolarizados/as no curso 2023/24).

O número máximo de prazas é de 60 no mes de xullo e de 35 no de agosto, con prioridade para os empadroados no concello de Portas.

A lista de admitidos coñecerase o 12 de xuño e o prazo de matrícula será do 13 de xuño ao 19 do mesmo mes.

O prezo por quincena é de 40 euros, 35 euros quincena 2 irmáns e 30 euros quincena, familia numerosa.

Os horarios de “Camiñando Xunt@s” será de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas no CPI Domingo Fontán.

TRAMITA A TÚA SOLICITUDE NO REXISTRO DO CONCELLO OU A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA:
https://portas.sedelectronica.gal