Os cativos que participan nas Actividades de Verán de Portas disfrutaron dunha visita á Illa de Cortegada

Os nenos e nenas que participan na presente edición do programa de Actividades de Verán do Concello de Portas realizaron unha excursión pola Illa de Cortegada e visitaron o bosque de loureiros máis grande de Europa, a capela así como coñeceron a súa historia. Cortegada pertence ao Parque Natural das Illas Atlánticas e está enclavada na Ruta Xacobeo do Mar de Arousa.

Os cativos realizaron distintos roteiros lúdico-didácticos en grupos reducidos pola illa coñecendo ese gran parque natural e a súa historia moi ligada á Guerra da Independencia de España fronte á invasión napoleónica e tamén coa Casa Real, de feito a Illa de Cortegada pertenceu a Alfonso XIII e mesmo ao pai do Rei Xoán Carlos I, don Juan, o Conde de Barcelona. Hoxe pertence a tódolos galegos xa que foi recuperada para dominio público pola Xunta de Galicia.

Seguen as actividades e a diversión en Portas, sempre cumprindo con tódalas medidas de prevención sanitarias.

A AULA DA UNED EN PORTA ACOLLE UNHA A QUINTA EDICIÓN DO CAMPUS “INGLÉS NA MIÑA CONTORNA” CON ACTIVIDADES LÚDICAS E FORMATIVAS

A Aula Universitaria da Uned en Portas acolle o “V Campus Inglés na Contorna” que se desenrolará ata o 23 de xullo e no que participará unha trintena de alumnos e alumnas que recibirán de xeito intensivo unha inmersión lingüística harmonizada con actividades lúdicas.

Estes mozos e mozas aprenderán a dominar técnicas de comprensión e comunicación en inglés de tal xeito de que se perda o medo para falar nun idioma extranxeiro. O alumno gañará en confianza para desenvolverse dunha maneira natural e descubriá dun xeito lúdico e divertido a súa contorna máis próxima, utilizando o inglés como ferramenta de comunica­ción durante toda a actividade.

Outro dos obxectivos deste campus intensivo será ampliar as relacións sociais e humanas, coñecer as bases de traballo en equipo e a responsabilidade individual nas tarefas comúns nun ambiente enriquecedor.

Tamén se pretende facilitar, a través das distintas actividades deportivas e culturais, un amplo caudal de posibilidades enriquecedoras para a súa personalidade, gozar de novas formas e boa utilización do tempo de lecer a través da práctica de actividades físicas saudables e a utilización de xeito habitual das tecnoloxías da información e da comunicación.

O alcalde, Ricardo Martínez, amosou a súa satisfación porque o concello de Portas volva acoller este tipo de campus formativo e lúdico e puso de relevo a importancia que o coñecemento doutras culturas e idiomas ten para o desenvolvemento futuro das novas xeracións.

POLITÓLOGOS, SOCIÓLOGOS E HISTORIADORES ANALIZAN NA AULA DA UNED EN PORTAS AS CRISES POLÍTICAS NA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA

A aula da Uned en Portas acolleu o acto oficial de inicio do curso “As crises políticas na España contemporánea” que levará a cabo esta institución universitaria ata o 16 de xullo. A xornada inaugural contou coa presenza do vicerreitor da Uned, Jesús Andrés Sanz, o director da Uned en Pontevedra, Víctor M. González, o catedrático de Socioloxía da Uned, Juan Jesús González Rodríguez, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez.

Este curso presencial e online, está dirixido polo catedrático Juan Jesús González Rodríguez e coordinado polo profesor de Historia das Ideas Políticas Javier Varela Tortajada, e analizará as crises políticas na España contemporánea desde a derrota militar e a crise de Estado do ano 1898 ata o proceso catalán e a pandemia e as súas consecuencias.

MÉRCORES 14 DE XULLO

O programa da xornada do mércores está marcado polas seguintes ponencias:

De 12 a 14 horas: 1898: Derrota militar e crise de Estado, a cargo de Javier Varela Tortajada, profesor de Historia das Ideas Políticas (Uned).

De 17 a 19 horas: 1917-1923: A fin da Restauración, a cargo de Javier Moreno Luzón, catedrático da Universidade Complutense de Madrid.

De 19 a 21 horas: 1931-1936: A quebra da democracia, a cargo de Pilar Mera Costas, profesora axudante Doctora (Uned).

XOVES 15 DE XULLO

O programa da xornada do xoves 15 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 10 a 12 horas: 1975-1982: Da dictadura á democracia, a cargo de Jesús de Andrés Sanz, profesor de Ciencia Política (Uned).

De 12 a 14 horas: 2008-2019: A Gran Recesión e as súas consecuencias, a cargo de Juan Jesús González Rodríguez, catedrático de Socioloxía (Uned).

De 17 a 19 horas: 1975-2011: A crise vasca, a cargo de Virginia López de Maturana, profesora adxunta da Universidade do País Vasco.

De 19 a 21 horas: 2021-2021: O proceso catalán, a cargo de David Martínez Fiol,  profesor asociados da Universitat Autónoma de Barcelona.

VENRES 16 DE XULLO

O programa da xornada do vernes 16 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 9 a 11 horas: A pandemia e as súas consecuencias, a cargo de José Antonio Olmeda Gómez, catedrático de Universidade (Uned).

De 11 a 13 horas: As crises políticas na España contemporánea. Mesa Redonda coa participación de Javier Varela Tortajada, Pilar Mera Costas, José Antonio Olmeda Gómez, David Martínez Fiol e Juan Jesús González Rodríguez.

A AULA DA UNED EN PORTAS ANALIZA AS CRISES POLÍTICAS NA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA NUN CURSO ONLINE E PRESENCIAL

A aula da Uned en Portas acolleu o acto oficial de inicio do curso “As crises políticas na España contemporánea” que levará a cabo esta institución universitaria ata o 16 de xullo. A xornada inaugural contou coa presenza do vicerreitor da Uned, Jesús Andrés Sanz, o director da Uned en Pontevedra, Víctor M. González, o catedrático de Socioloxía da Uned, Juan Jesús González Rodríguez, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez.

Este curso presencial e online, está dirixido polo catedrático Juan Jesús González Rodríguez e coordinado polo profesor de Historia das Ideas Políticas Javier Varela Tortajada, e analizará as crises políticas na España contemporánea desde a derrota militar e a crise de Estado do ano 1898 ata o proceso catalán e a pandemia e as súas consecuencias.

MÉRCORES 14 DE XULLO

O programa da xornada do mércores está marcado polas seguintes ponencias:

De 12 a 14 horas: 1898: Derrota militar e crise de Estado, a cargo de Javier Varela Tortajada, profesor de Historia das Ideas Políticas (Uned).

De 17 a 19 horas: 1917-1923: A fin da Restauración, a cargo de Javier Moreno Luzón, catedrático da Universidade Complutense de Madrid.

De 19 a 21 horas: 1931-1936: A quebra da democracia, a cargo de Pilar Mera Costas, profesora axudante Doctora (Uned).

XOVES 15 DE XULLO

O programa da xornada do xoves 15 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 10 a 12 horas: 1975-1982: Da dictadura á democracia, a cargo de Jesús de Andrés Sanz, profesor de Ciencia Política (Uned).

De 12 a 14 horas: 2008-2019: A Gran Recesión e as súas consecuencias, a cargo de Juan Jesús González Rodríguez, catedrático de Socioloxía (Uned).

De 17 a 19 horas: 1975-2011: A crise vasca, a cargo de Virginia López de Maturana, profesora adxunta da Universidade do País Vasco.

De 19 a 21 horas: 2021-2021: O proceso catalán, a cargo de David Martínez Fiol,  profesor asociados da Universitat Autónoma de Barcelona.

VENRES 16 DE XULLO

O programa da xornada do vernes 16 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 9 a 11 horas: A pandemia e as súas consecuencias, a cargo de José Antonio Olmeda Gómez, catedrático de Universidade (Uned).

De 11 a 13 horas: As crises políticas na España contemporánea. Mesa Redonda coa participación de Javier Varela Tortajada, Pilar Mera Costas, José Antonio Olmeda Gómez, David Martínez Fiol e Juan Jesús González Rodríguez.

COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA DE CAMIÑOS EN CACHAL (LANTAÑO), SUBVENCIONADAS POLO PLAN MARCO DA XUNTA

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, inspeccionou o inicio das obras de mellora de camiños en Cachal (Lantaño) incluídas dentro do Plan Marco, impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e que contempla a construción dun muro de perpiaño que permitirá a contención do terreo unha vez ampliado o acceso a diversas fincas produtivas da veciñanza.

Estas obras de mellora saíron a contratación por un prezo de licitación duns 51.551,98 euros e foron adxudicadas á empresa Covsa por un importe total duns 37.565,9 euros e un prazo máximo de execución de 3 meses. Foi a oferta máis acaída ao pliego de condicións das 11 empresas que se presentaron en aberto ao concurso para realizar estes traballos.

Os traballos que están agora acometendo os operarios de Covsa nos camiños de Cachal, na parroquia de Lantaño, enmárcanse dentro do obxectivo xenérico de mellorar as infraestruturas rurais porque xeran cohesión social e territorial, melloran as condicións de vida e traballo no medio rural. Así, estas obras van dirixidas a facilitar a accesibilidade e vertebrar interiormente o territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrícolas.

O alcalde, Ricardo Martínez, comprobou no inicio das obras, a ampliación da plataforma para uso de vehículos e tamén deu instrucións oportunas aos operarios para facilitar o acceso ás fincas colindantes cos viais mellorados co fin de que os usuarios poidan seguir utilizándoas coa máxima seguridade e operatividade.

CONTINÚAN A BO RITMO AS ACTIVIDADES DE VERÁN PROMOVIDAS POLO CONCELLO PARA OS NENOS E NENAS DO MUNICIPIO

O pasado 1 de xullo, empezaron as Actividades de Verán​ no Concello de Portas. Durante todo o mes os nenos e nenas participantes , disfrutarán de diversas actividades, relacionadas con distintas temáticas: “O noso pequeño mundo”, “Cabanas”, “Arte: Teatro e música”…​

Durante estes días realizaron diversas actividades no CPI Domingo Fontán, acuáticas na Praia fluvial, iniciación á equitación, talleres de ciencia e muller…

Durante a mañá de hoxe, os nenos e nenas descubriron o mundo da ciencia con divertidos experimentos realizados pola Química Antía Piñeiro.O programa está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

A pesar de ser un verán atípico, e cumprindo con todas as medidas de prevención sanitaria, Esperamos que sexa un verán cheo de diversión e aprendizaxes!!!

O CONCELLO E O PROXECTO DE PREVENIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS TRAEN CINE ATA O RECINTO DA AZUCREIRA

O vindeiro venres 16 de xullo ás 22:30h teremos sesión cine en Portas coa película “PUÑALES POR LA ESPALDA”. A sesión está financiada polo Concello de Portas e subvencionada dentro do Proxecto de Prevención de Condutas Adictivas na que participa o Concello de Portas xunto cos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro e Moraña.

A sesión de cine é GRATUITA e terá lugar no recinto da Azucreira, sendo imprescindible, para poder asistir, recoller antes a entrada no Concello de Portas (Aforo LIMITADO).

OS NENOS E NENAS DE PORTAS, PROTAGONISTAS DO PROGRAMA “LER CONTA MOITO” DESTE VERÁN

Os nenos e nenas do concello de Portas serán os protagonistas do programa “Ler conta moito” deste verán, patrocinado pola Xunta de Galicia. Estas serán as actividades que se levarán a cabo no municipio de Portas nos meses de xullo e agosto:

✅ “NOVOS LOBOS”-Fantoches Baj- Monicreques-Venres 16 de xullo ás 11:00 no recinto do CPI Domingo Fontán.

✅ “BIBLIODISCOTECA”- Venres 30 de agosto ás 11:00h na Azucreira de Portas.As actividades son GRATUÍTAS, pero debido á limitación de aforo deberase recoller entrada no Concello ou facer reserva no 986 53 69 25 – 986 53 61 61 ext. 5

REMATA CON ÉXITO FORMATIVO O I CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DE PORTAS IMPARTIDO A 23 NENOS DE 5 A 12 ANOS DE IDADE

O campo de fútbol da Rapeira serviu de escenario para dar por rematado o I Campus de Tecnificación de fútbol impartido a 23 nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos e que contou coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, o presidente do C.D. Portas, Manuel Fraga Estévez, o director do CEIP Domingo Fontán, Luis Villaverde, e o organizador do evento, Manuel Campos.

O Campus estivo coordinado polo adestrador galego Manu Campos e contou coa presenza do árbitro da Terceira División Ismael González, cedido para este evento pola Federación Galega de Fútbol; o adestrador de fútbol-sala César Sanmamed; o adestrador nacional nivel 3 José Antonio Lodeiro e pola monitoria de tempo libre, Paula Barral.

Entre o 5 e o 9 de xullo no campo de fútbol da Rapeira, os nenos en  grupos moi reducidos, en horario de 9 a 14 horas, recibiron formación en tecnificación de fútbol para mellora-las súas habilidades individuales desde un punto de vista integrador no xogo de equipo.

Os adestradores puxeron en marcha un proxecto formativo intensivo que permitiu analizar e personaliza o adestramento de todos e cada un dos 23 nenos asistentes, procedentes dos municipios de Portas, a inmensa maioría, pero tamén de Caldas, Moraña e mesmo Pontevedra.

Ademais, os participantes tiveron actividades lúdicas e de multideporte coa intención de fortalecer a súa formación deportiva combinando as técnicas propias do fútbol coa práctica divertida do fut-bolei, fut-tenis e mesmo fútbol sala grazas as magníficas instalacións municipais cedidas polo Concello para esta actividade formativa.

Manuel Campos agradeceu a colaboración do Concello, do equipo de fútbol do Portas e mesmo do CEIP Domingo Fontán xa que se utilizaron as súas aulas para as actividades teóricas e as charlas protagonizadas polos especialistas convidados a este Campus.

O organizador agradeceu tamén a colaboración a Supermercados Froiz que facilitou o avituallamento durante todas as xornadas e á tenda especializada en deportes, Soccerfactory Pontevedra quen doou varias prendas deportivas e balóns de reglamento oficiais da Liga Española de Fútbol para sortear entre os asistentes.

Pola súa banda, o alcalde, Ricardo Martínez, felicitou aos participantes e organizadores por esta iniciativa e animou aos máis cativos a seguir coa práctica deportiva para “fornecer un estilo de vida saudable onde o deporte xoga un papel fundamental na vosa etapa formativa como persoas e de cara ao futuro”.

O CONSISTORIO DE PORTAS ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE ADOLFO ENRÍQUEZ COA GASTRONOMÍA DO CAMIÑO PORTUGUÉS COMO FÍO CONDUTOR DA MOSTRA

O Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Portas acolle ata o 15 de xullo unha exposición de 23 fotografías realizadas polo artista gráfico Adolfo Enríquez e obtidas nos eventos gastronómicos celebrados no Camiño Portugués da Costa durante o pasado mes de maio.

A exposición está conformada por 23 fotografías obtidas no transcurso do proxecto “saborEarte” que se centrou en presentar a gastronomía local como recurso de alto valor para a promoción turística. Fíxose a través de mostras de cociña, nas que os produtos de proximidade de cada un dos cinco destinos escollidos, foron os protagonistas.

Agora, a exposición ‘saborEarte’ ofrece a oportunidade de coñecer non só os pratos rematados, senón tamén algunhas instantáneas das xornadas gastronómicas do proxecto que, debido á situación sanitaria, tiveron que celebrarse con aforo pechado e convite previo.

Os eventos ‘saborEarte’ arrincaban o pasado 30 de abril, con citas semanais que percorreron os concellos do Rosal, Soutomaior, Portas, Pontecesures e Padrón. A exposición fotográfica retorna agora aos concellos anfitrións do proxecto, aos que se sumará unha última cita en Santiago de Compostela.

A fin de redundar no valor promocional da fotografía gastronómica, tanto as imaxes seleccionadas para a exposición coma outras realizadas durante os eventos ‘saborEarte’, serán postas a disposición de todos os usuarios na web www.saboreartenocamino.com para a súa descarga e libre utilización.

Pola súa banda, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, salientou non so a calidade gráfica e expresiva das fotografías que compoñen esta exposición senón tamén a súa plasticidade. “Certo é que casi se pode apreciar mesmo o arrecendo dos platos e das distintas ofertas gastronómicas que presenta o noso Camiño Xacobeo e que formaron parte dese proxecto innovador coñecido como “saborEarte” do que Portas foi un espazo con identidade propia e tivo un protagonismo especial e que agora volve recuncar con esta mostra que poderá ser visitada no Salón de Plenos ata o 15 de xullo”, indicou o rexedor.